Circolando abre a Mostra Internacional do Festiclown 2011

A que é unha das mellores compañías de Portugal, Circolando, vai ser a encargada de inaugurar a Mostra Internacional 2011. Deste xeito, cun espectáculo elegante, innovador e que mestura circo con música e videoproxeccións, comeza unha semana trepidante de actuacións nas prazas e teatros de Vigo. Será ás dez da noite na praza da Porta do Sol cando despreguen esta proposta artística que comeza itinerante e que logo fica estática incluindo diversas disciplinas. Ademais de Circolando, inaugurará o Certame Intergaláctico de Exterior o alemán Djuggledy co seu espectáculo “El diávolo”. Será ás 19:30 na praza da Constitución e, lembramos, é o público de Vigo quen decide a compañía vencedora desta sección do Festiclown a través dos seus votos. Mais non só poderemos gozar este martes día 26 con estas dúas compañías, senón que o vencedor do Certame Intergaláctico 2010, Hiltoff, actuará co espectáculo que lle valeu o título, Radio Salmonela, ás oito e media do serán na praza da Constitución. Lembramos tamén que o Formaclown dará comezo nesta xornada en horario de mañá e de tarde.

Grande carpaclown

E, como estamos de estrea, tamén se inaugurará a grande Carpaclown instalada na praza do Concello. Neste caso, a encargada será Avería Productions con “Eu son o verdadeiro Estanislasqui” ás once e cuarto da noite. Por se foran poucas as actividades da xornada inaugural do Festiclown 2011, Bombo e Tambor amenizarán rúas e prazas dentro da sección “Desclowntrol nas rúas” e serán tamén os encargados de dar ritmo e cor á festa de inaguración da Carpa, que se celebrará á unha da mañá.

Entradas e terrazaclown

Festiclown 2011 recorda que para mercar as entradas do espectáculo “Eu son o verdadeiro Estanislasqui” e todas as integrantes da sección Carpaclown, a 5 euros, así coma as dúas galas da mostra internacional, están á venda anticipada na web www.atrapalo.com así como na billeteira do auditorio municipal (Praza do Rei) o propio martes 26 de con horario de 21.00 a 23.30 h e de mércores 27 a venres 29 de xullo con horario de 17.30 a 22.00 h e de 23.00 a 24.00 h. E por se fose pouco, un servizo de cafetería estará aberto desde as seis da tarde nas inmediacións da Carpaclown. O Festival Internacional de Clown de Galicia lembra que o recadado no dito bar será destinado á realización do Festiclown Palestina o próximo setembro.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: