Archive | julio 26, 2011

A SECRETARIA XERAL PARA O TURISMO PRESENTA A SEXTA EDICIÓN DA FEIRA DO VIÑO DE MONTERREI, QUE SE CELEBRARÁ O 6 E 7 DE AGOSTO

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, que será a pregoeira da feira, destacou que se trata “dun evento vitivinícola de marcada personalidade” e que supón “unha maridaxe perfecta, a do turismo e a enoloxía”.

Ao acto, celebrado esta mañá no Hostal dos Reis Católicos, tamén asistiron o alcalde de Verín, Juan Jiménez Morán, e o presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Méndez.

Santiago, 26 de xullo de 2011.- A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, presentou esta mañá a VI Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar os días 6 e 7 de agosto no concello ourensán de Verín. Ao acto, celebrado no Hostal dos Reis Católicos, tamén asistiron o alcalde de Verín, Juan Jiménez Morán, e o presidente da Denominación de Orixe Monterrei, Antonio Méndez. Leer Más…

Programación La Fábrica de Chocolate Club 29 julio

VHALSAN FESTIVAL CON LOVE AS MENTAL DISORDER, NEVERSIDE Y PÖEM.


Entrada: 4 €

 

 

 

Love As Mental Disorder es una banda de tres componentes. Sus temas son un amalgama de bajos obsesivos, guitarras atmosféricas distorsionadas hasta el infinito y percusiones sincopadas, todo lo necesario para jugar al claroscuro de las emociones turbadas.

Viernes 29 de julio, 22:00 h.

www.myspace.com/loveasmentaldisorder

www.myspace.com/neversidevigo

www.myspace.com/spacepoem

 

 

 

 

 

 

ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A PROTECCIÓN DA PROPIEDADE INDUSTRIAL DE CARA A VALORIZAR OS RESULTADOS DA INNOVACIÓN

  • A Consellería se Economía e Industria busca impulsar a protección das innovacións técnicas ou invencións, e tamén das innovacións relacionadas cos deseños industriais, así como as de imaxe, que teñen que ver cos signos distintivos
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o fomento da propiedade industrial en 2011, cunha dotación de 550.000 euros
  • As axudas poderán ser solicitadas ata o 15 de novembro de 2011 Leer Más…

MEDIO RURAL ABRE Á PARTICIPACIÓN PÚBLICA O PLAN DE USO E XESTIÓN DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS PROCURANDO COMPATIBILIZAR A SÚA CONSERVACIÓN COAS ACTIVIDADES TRADICIONAIS

O Plan Reito  r ten como finalidade establecer os criterios de xestión e definir as actuacións neste espazo protexido, decretando un réxime de usos de acordo cunha zonificación (áreas de “Reserva”, de uso “Restrinxido”, “Moderado”, “Especial” e de “Asentamentos tradicionais”)

No PRUX tamén se propoñen as previsións relativas ás actividades agrarias, de pesca e marisqueo, así como sobre carga máxima diaria de visitantes


Poesia na Biblioteca de Valença -Portugal

A Biblioteca Municipal de Valença recebe a sessão de poesia “Mensagen(s)” sexta-feira, 29 de Julho, às 22h30, com declamação de poesia, com acompanhamento musical e uma exposição de fotografia.

A declamação estará a cargo de Jorge Santos Silva acompanhado à viola por José Alberto. A apresentação estará a cargo de Ana Gama.

A iniciativa Mensagen(S) junta a imagem e a musica à poesia, num momento único de arte, onde o público terá a possibilidade de sentir a Poesia sob uma perspetiva diferente!

No átrio da Biblioteca Municipal estará patente ao público uma mostra do fotografo valenciano Sérgio Moreira.

 

Aló Django Trío abren mañá en Moaña o Festival Intercéltico do Morrazo

Os concertos celebraranse ás 22:00 no palco do paseo

A XXVII edición do Festival Intercéltico do Morrazo arrinca mañá ás dez da noite e vaise prolongar durante catro días, ata o vindeiro sábado, 30 de xullo. Pese ás dificultades con que se atopou ó chegar ó Concello, o actual Goberno municipal conseguiu artellar, en menos dun mes, un excelente cartel para o evento. Leer Más…

Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-07-11


O Concello de Vigo aproba por unanimidade instar ao Goberno Central e á Xunta a buscar solucións ao naval

O Pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe martes instar ao Goberno de España e á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal “tax lease”, pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. Logo dun debate conxunto das mocións que cada grupo político presentaba por separado, todos os concelleiros refrendaron por unanimidade a resolución que xa aprobaran no Consello Económico celebrado o pasado luns 18 de xullo.

 

A corporación esixe á Deputación de Pontevedra as achegas que lle debe ao Marco

Socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes esixirlle á Deputación de Pontevedra que pague as achegas que lle debe ao Marco, tal e como comprometeu nun Convenio asinado entre a institución provincial e o museo no pasado ano 2009. A concelleira socialista, Isaura Abelairas, recordou que a institución provincial ten pendentes as partidas de 2009, 2010 e 2011.

 


Socialistas e nacionalistas instan á Xunta a realizar as obras que precisan os colexios da cidade

PSOE e BNG instan á Xunta á realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Nunha moción que defendeu a concelleira socialista Raquel Díaz, reclaman á Administración autonómica que acometa as obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e as nenas.

 


PP e BNG solicitan ao Goberno de España á retirada do recurso contra a lei de racionalización da prestación farmacéutica

A Corporación solicitará ao Goberno de España a retirada do recurso en contra da racionalización da prestación farmacéutica en Galicia. Populares e nacionalistas aprobaron unha moción do Partido Popular, que aceptou unha enmenda do BNG, que insta a intensificar debates que permitan reducir o gasto farmacéutico.

ExpoSyfy leva á sede da Fundación Novacaixagalicia na Coruña un centenar de obxectos orixinais do cinema fantástico

A ‘Estrella de la Muerte’ de ‘La Guerra de las Galaxias’; a espada de Arnold Schwarzenegger en ‘Conan, el Bárbaro’; a man utilizada por Robert Englund en ‘Pesadilla en Elm Street’; a máscara de ‘Batman’; a túnica e a careta de ‘Scream’ ou o chapeu de Dick Tracy, son algunhas das pezas reunidas nesta exposición

– A mostra, que reúne case un cento de obxectos orixinais e fotografías de películas de todos os tempos, poderá verse a partir deste xoves e até o 20 de agosto na sede da Fundación Novacaixagalicia na Coruña.

-A coleccionista Maite Mínguez Ricart presentará en rolda de prensa, o vindeiro xoves 28 de xullo, ás 11.00 horas, ExpoSyfy. Viaxe fantástica.

 

MEDIO RURAL ABRE Á PARTICIPACIÓN PÚBLICA O PLAN DE USO E XESTIÓN DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS PROCURANDO COMPATIBILIZAR A SÚA CONSERVACIÓN COAS ACTIVIDADES TRADICIONAIS

  • O Plan Reitor ten como finalidade establecer os criterios de xestión e definir as actuacións neste espazo protexido, decretando un réxime de usos de acordo cunha zonificación (áreas de “Reserva”, de uso “Restrinxido”, “Moderado”, “Especial” e de “Asentamentos tradicionais”)
  • No PRUX tamén se propoñen as previsións relativas ás actividades agrarias, de pesca e marisqueo, así como sobre carga máxima diaria de visitantes Leer Más…

O GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR REALIZARÁ UNHA VISITA Á ILLA DE SAN SIMÓN EN REDONDELA O VINDEIRO XOVES, 28 DE XULLO

Santiago, 26 de xullo de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular visitará o vindeiro xoves, 28 de xullo, a illa de San Simón, co obxectivo de coñecer este enclave do concello de Redondela que está a situarse como un punto de referencia a nivel galego para a realización de actividades lúdico-culturais. Durante a visita, os deputados do Grupo Popular estarán acompañados polo alcalde de Redondela, Javier Bas, e comprobarán os traballos de restauración levados a cabo na illa de San Simón, baixo a dirección do arquitecto César Portela, e estudarán posibles medidas para a promoción turística deste concello pontevedrés.