Aló Django Trío abren mañá en Moaña o Festival Intercéltico do Morrazo

Os concertos celebraranse ás 22:00 no palco do paseo

A XXVII edición do Festival Intercéltico do Morrazo arrinca mañá ás dez da noite e vaise prolongar durante catro días, ata o vindeiro sábado, 30 de xullo. Pese ás dificultades con que se atopou ó chegar ó Concello, o actual Goberno municipal conseguiu artellar, en menos dun mes, un excelente cartel para o evento.

Os encargados de abrir o Festival Intercéltico serán Aló Django Trío un grupo que pretende dar a coñecer a música “manouche”, a música dos xitanos centroeuropeos e da que foi o seu máximo expoñente o gran guitarrista Django Reinhardt.

O seu estilo pódese definir como “gipsy-swing”, que nada ten que ver con certas maneiras de facer música que tamén utilizaron a etiqueta “xitana” como, por exemplo, Los Manolos ou Gipsy Kings.

O espectáculo deste grupo transcende do propio escenario, xa que os seus compoñentes, con experiencia no “cabaret” e o “music-hall”, interactúan de xeito humorístico co público.

No seu traballo ALÓ DJANGO TRÍO tamén utilizan recursos estilísticos do jazz cos que enriquecen a súa proposta de música “manouche” alegre e festiva, caracterizada, fundamentalmente, polo son das súas guitarras, moi semellantes en estrutura ás flamencas.

Todos os concertos do Festival Intercéltico do Morrazo terán como escenario o palco do paseo de Moaña. En días sucesivos actuarán Tanto nos Ten e Zurrumalla (xoves, 28), Davide Salvado e Uxía (venres 29) e Roi Casal (sábado 30).


Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: