ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A PROTECCIÓN DA PROPIEDADE INDUSTRIAL DE CARA A VALORIZAR OS RESULTADOS DA INNOVACIÓN

  • A Consellería se Economía e Industria busca impulsar a protección das innovacións técnicas ou invencións, e tamén das innovacións relacionadas cos deseños industriais, así como as de imaxe, que teñen que ver cos signos distintivos
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para o fomento da propiedade industrial en 2011, cunha dotación de 550.000 euros
  • As axudas poderán ser solicitadas ata o 15 de novembro de 2011

Santiago, 26 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria fomenta a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados da innovación empresarial. A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a orde de convocatoria das axudas para o fomento da propiedade industrial no exercicio 2011, cunha dotación de 550.000 euros. Deste xeito, a Consellería se Economía e Industria busca impulsar a protección non só das innovacións técnicas ou invencións, senón tamén das innovacións de forma, relacionadas cos deseños industriais, así como as de imaxe, que teñen que ver cos signos distintivos. As subvencións destinaranse a atender os gastos empresariais derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial e da súa renovación ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. O prazo de solicitude comeza mañá mércores día 27 de xullo e remata o 15 de novembro deste ano. Estas axudas enmárcanse no eixo estratéxico de valorización do coñecemento do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (I2C) 2011-2015, orientado ao crecemento empresarial mediante a transferencia de resultados de investigación ao mercado. Mediante esta liña de axudas as empresas poderán obter financiamento para tramitar as solicitudes de calquera título de propiedade industrial: invencións, deseños industriais e signos distintivos. Nos conceptos subvencionables inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do titulo correspondente e que supoñan o pagamento de taxas ante as oficinas de propiedade industrial, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Tamén se financiará o mantemento de calquera título de propiedade industrial. Neste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación de marcas, nomes comerciais e deseños industriais e á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade. A suma das subvencións percibidas por un mesmo beneficiario, resultado de ter presentado unha ou varias solicitudes ao abeiro desta convocatoria, non poderá superar os 30.000 euros. As axudas cubrirán o 70% dos custos subvencionables. Esta actuación enmárcase na estratexia da Consellería de Economía e Industria para impulsar o crecemento económico e social de Galicia mediante a mellora da súa capacidade científico-tecnolóxica, facilitando a participación das empresas nos procesos de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade galega.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: