Noticias Ayuntamiento de Vigo 26-07-11


O Concello de Vigo aproba por unanimidade instar ao Goberno Central e á Xunta a buscar solucións ao naval

O Pleno do Concello de Vigo aprobou hoxe martes instar ao Goberno de España e á Xunta a desbloquear de forma urxente o instrumento financieiro-fiscal “tax lease”, pactando unha resolución final entre o Goberno Central e Unión Europea. Logo dun debate conxunto das mocións que cada grupo político presentaba por separado, todos os concelleiros refrendaron por unanimidade a resolución que xa aprobaran no Consello Económico celebrado o pasado luns 18 de xullo.

 

A corporación esixe á Deputación de Pontevedra as achegas que lle debe ao Marco

Socialistas e nacionalistas decidiron hoxe martes esixirlle á Deputación de Pontevedra que pague as achegas que lle debe ao Marco, tal e como comprometeu nun Convenio asinado entre a institución provincial e o museo no pasado ano 2009. A concelleira socialista, Isaura Abelairas, recordou que a institución provincial ten pendentes as partidas de 2009, 2010 e 2011.

 


Socialistas e nacionalistas instan á Xunta a realizar as obras que precisan os colexios da cidade

PSOE e BNG instan á Xunta á realizar de xeito inmediato os investimentos que precisan os colexios públicos da nosa cidade. Nunha moción que defendeu a concelleira socialista Raquel Díaz, reclaman á Administración autonómica que acometa as obras necesarias para garantir unhas condicións de escolaridade mínimas esixibles para os nenos e as nenas.

 


PP e BNG solicitan ao Goberno de España á retirada do recurso contra a lei de racionalización da prestación farmacéutica

A Corporación solicitará ao Goberno de España a retirada do recurso en contra da racionalización da prestación farmacéutica en Galicia. Populares e nacionalistas aprobaron unha moción do Partido Popular, que aceptou unha enmenda do BNG, que insta a intensificar debates que permitan reducir o gasto farmacéutico.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: