ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A INNOVACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS COA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR 10,7 MILLÓNS DE EUROS

  • A Consellería de Economía e Industria continúa co desenvolvemento dos eixos estratéxicos do Plan Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, entre os que destaca o impulso aos investimentos innovadores
  • Este programa inclúe a subvención a proxectos empresariais e ao desenvolvemento das plataformas e tecnolóxicas galegas
  • As subvencións a proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica están destinadas a incrementar a competitividade das empresas, estimulando a innovación en calquera punto da cadea de valor e en todos os procesos
  • Por primeira vez a presentación de solicitudes terá que formalizarse por vía telemática, de cara a facilitar e axilizar a súa xestión

Santiago, 27 de xullo de 2011.- A Consellería de Economía e Industria continúa co desenvolvemento dos eixos estratéxicos do Plan Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, entre os que cómpre destacar o impulso da innovación nas empresas galegas, coa convocatoria de axudas para incentivar os investimentos innovadores, que ascenden a un total de 10,7 millóns de euros e serán obxecto do pagamento de anticipios de ata o 80% libres de garantía. As subvencións, convocadas hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), están destinadas a incrementar a competitividade das empresas galegas e dos servizos que prestan, mediante o estímulo da innovación en calquera punto da cadea de valor e en todos os procesos da empresa. As axudas cubrirán o desenvolvemento de proxectos de innovación empresarial, individuais ou cooperativos, de carácter non só tecnolóxico sobre procesos ou produtos, senón tamén para a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas dende unha perspectiva de innovación aberta, é dicir, destinada a combinar o coñecemento interno co externo. Estas liñas de axuda da Consellería de Economía e Industria estarán abertas á recepción de solicitudes durante un mes e, por primeira vez, a presentación de propostas poderá formalizarse exclusivamente por vía telemática, de cara a facilitar e axilizar a súa xestión. Nesta iniciativa, o Programa de Apoio ao Crecemento Empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial (ACE), contempla subvencións a empresas para proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica en materia de proceso ou produto, loxística e xestión e para a preparación de propostas de proxectos a presentar en convocatorias de I+D+i estatais e internacionais. Ademais, o programa contempla tamén axudas destinadas aos centros tecnolóxicos e clústers empresariais, para o desenvolvemento das plataformas tecnolóxicas existentes en Galicia. Para ser obxecto de subvención, a innovación proposta debe representar unha novidade ou mellora substancial con respecto ao xa existente no seu ámbito. Nos proxectos presentados por pemes as axudas poderán acadar o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas e o 25% para empresas medianas. Nos presentados por grandes empresas poderán acadar o 15% do custo subvencionable. Nesta convocatoria, está prevista tamén a concesión de axudas ás empresas para a preparación de novos proxectos a presentar a convocatorias de axudas estatais e internacionais no marco das medidas do Plan I2C concibidas para impulsar a innovación aberta e o crecemento económico. As subvencións cubrirán a presentación de propostas de proxectos de I+D a programas nacionais, tanto individuais como en cooperación, así como de solicitudes a programas internacionais en cooperación, que deberán ser en todos os casos desenvolvidos principalmente no ámbito territorial de Galicia. Para as pemes estas axudas poderán acadar o 70% do custo subvencionable e para as grandes empresas o 60%. Pola súa banda, as subvencións destinadas ao funcionamento das plataformas tecnolóxicas existentes en Galicia enmárcanse no eixo estratéxico referente ao sistema integral de apoio á investigación do Plan I2C. O obxectivo final destas axudas é promover o desenvolvemento de proxectos de cooperación no marco da axenda estratéxica de investigación definida por cada plataforma e que supoñan a participación en programas estatais e internacionais de I+D+I por parte das empresas e doutras entidades adheridas a ela. A concesión das axudas estará suxeita a unha serie de indicadores de valoración das propostas baseados na implicación dos solicitantes en dinámicas de innovación aberta; nos proxectos colaborativos promovidos –e as taxas de éxito e retornos económicos acadados grazas a eles-; na labor de transferencia de resultados de investigación á empresa; na internacionalización; na representatividade no seu sector; e na participación equilibrada de mulleres.

Investimentos innovadores

Ademais, as axudas convocadas ao abeiro do Plan I2C teñen por obxecto incentivar a mellora competitiva das empresas, especialmente das pemes, mediante o incremento da súa capacidade tecnolóxica e innovadora. A convocatoria de Investimentos Innovadores para o Crecemento Empresarial (IICE) está destinada a facilitar o financiamento de recursos materiais específicos por parte das empresas para desenvolver proxectos de innovación destinados a poñer no mercado novos ou mellorados produtos e servizos As pequenas empresas poderán beneficiarse de subvencións de ata o 50% e as medianas de ata o 40%, mentres que no caso das grandes a porcentaxe se restrinxe a un máximo do 30% sobre o total do custo xustificado. As empresas galegas poden solicitar estas axudas para a creación dun novo centro produtivo ou a ampliación dun xa existente, sempre que teña a finalidade de desenvolver novos produtos e procesos. Tamén para a diversificación da produción de cara a atender mercados de produtos novos ou para unha transformación fundamental de carácter innovador no proceso global de produción, así como para a dotación de departamentos de I+D+I nas empresas para ampliar a súa capacidade tecnolóxica e innovadora.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: