JOSÉ JUAN DURÁN COMPROMETE “LEALDADE, TRABALLO E DEDICACIÓN” NA SÚA TOMA POSESIÓN COMO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA

  • 110727corte Durán toma posesión
  • O novo responsable do ente público agradeceu ao Presidente da Xunta e á conselleira do Mar a confianza depositada nel para asumir esta responsabilidade

Santiago, 27 de xullo de 2011.- José Juan Durán Hermida tomou posesión esta mañá do seu novo cargo como presidente do ente público Portos de Galicia, adscrito á Consellería do Mar. O acto estivo presidido pola titular do departamento autonómico, Rosa Quintana. Tras xurar o seu cargo, Durán agradeceu ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e á conselleira do Mar a confianza depositada nel para asumir a máxima responsabilidade ao fronte do organismo portuario. O presidente de Portos mostrou a súa vontade de corresponder con “lealdade, traballo e dedicación” na defensa da mellora das instalacións, condicións de traballo, seguridade e prestación de servizos nos 122 portos de titularidade autonómica e manifestou o seu compromiso de xestionar con austeridade e rigor orzamentario. José Juan Durán Hermida, foi nomeado presidente de Portos de Galicia polo Consello da Xunta o pasado día 21, en substitución de José Manuel Álvarez-Campana. Nacido no municipio de Vilanova de Arousa o 6 de xullo de 1960, Durán Hermida ocupou distintos cargos na Administración local e provincial.

Entre os anos 1999 e 2011 foi tenente de alcalde e mais concelleiro de Cultura, Infraestruturas e Personal no Concello de Vilanova de Arousa. Entre o 2004 e o 2011 ocupou unha das vicepresidencias da Deputación de Pontevedra ao tempo que exerceu como vicepresidente executivo do IPESPO, o organismo autónomo provincial para a dotación de solo industrial. Casado e con dous fillos, é vicepresidente da Fundación Ramón María del Valle-Inclán, foi membro do consello federal da FEGAMP ata o ano 2003, vogal na Mancomunidade do Salnés, membro do consello reitor do organismo autónomo provincial Museo de Pontevedra, membro do consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e tamén do consello reitor de Turismo Rias Baixas, organismo autónomo de Pontevedra para a promoción do sector.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: