LUCÍA MOLARES REALIZOU HOXE A PRIMEIRA VISITA INSTITUCIONAL AO NOVO ALCALDE DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

  • A delegada territorial e o novo rexedor analizaron os principais temas que o Goberno galego ten pendentes neste municipio.
  • Demandas relativas a infraestruturas de seguridade e viarias, de saneamento e abastecemento, ou relativas a emprego, entre outras, centraron a reunión de traballo desta mañá.
  • O alcalde trasladou a Molares a necesidade de avanzar na creación da Área Metropolitana de Vigo, sendo Fornelos de Montes un dos 14 concellos que se integrarán na futura entidade supramunicipal.

Fornelos de Montes, 27 de xullo de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, e o novo alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, mantiveron esta mañá na Casa do Concello un primeiro encontro institucional tras a formalización da nova Corporación municipal deste municipio, nun claro exemplo de manter unha comunicación constante e fluída co recentemente elixido equipo de goberno. Na reunión, Molares e Lage avogaron por continuar coa liña de colaboración e cooperación institucional que imperou nestes últimos anos entre Xunta e Concello, e trataron todos os asuntos que desde a Administración autonómica teñen relación con Fornelos de Montes. “Queremos que teña todos aqueles servizos que necesita e nos que ten algún tipo de responsabilidade o Goberno autonómico”, sinalou a delegada, quen matizou que os asuntos principais que trataron no encontro de traballo pasaron polas melloras relativas a infraestruturas de seguridade e viarias, de saneamento e abastecemento, así coma relativos a políticas activas de emprego, entre outros. A delegada comunicoulle así que neste ano 2011 se ían a seguir mantendo as políticas activas de emprego a través dos plans de cooperación local que, no caso de Fornelos de Montes, se incrementaron nun 30% con respecto ao ano 2010 contando para este ano cun investimento total de 110.000 euros, para dar traballo e formación a 11 persoas en situación de desemprego que traballarán na revalorización dos espazos públicos. Pola súa banda, o alcalde de Fornelos, agradeceu a visita da responsable da Administración no territorio e trasladoulle a necesidade de avanzar na creación e posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo coma un dos 14 concellos que conformarán a futura entidade supramunicipal, ademais de trasladar outras peticións que se deben seguir impulsando no municipio.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: