O GRUPO POPULAR DEMANDA AO GOBERNO CENTRAL A ACOMETER INMEDIATAMENTE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO VIADUCTO DE MADRID EN REDONDELA

O voceiro Pedro Puy entrevistouse co alcalde de Redondela, Javier Bas, con quen estudou diversas iniciativas para a promoción turística e cultural deste concello pontevedrés.

  • O voceiro Pedro Puy entrevistouse co alcalde de Redondela, Javier Bas, con quen estudou diversas iniciativas para a promoción turística e cultural deste concello pontevedrés

Santiago, 28 de xullo de 2011.- O voceiro do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy, anunciou hoxe, durante unha visita dos deputados populares á illa de San Simón en Redondela, a presentación dunha proposición non de lei no Parlamento galego a través da que se pide ao Goberno central a realización inmediata das obras de rehabilitación e posta en valor do Viaducto de Madrid. Pedro Puy iniciou a súa estancia neste concello pontevedrés cunha entrevista co alcalde de Redondela, Javier Bas, con que analizou diversas actuacións que se poden levar a cabo no municipio para a súa promoción a nivel turístico e cultural. “Partindo da base do seu atractivo como lugar de paso do Camiño Portugués, este concello tamén ten outros moitos atractivos que se poden explotar, como unha ruta da auga que o une con Vigo ao longo de toda a ría, a tradicional Festa da Coca, os seus viaductos ou a mesma illa de San Simón”.

PRESENTACIÓN DE PNL

O voceiro popular anunciou ao alcalde redondelán a presentación dunha proposición non de lei, asinada pola deputada Lorena López, a través da que se insta ao Goberno central para que impulse a tramitación administrativa pertinente e priorice as labores necesarias para acometer inmediatamente as obras de rehabilitación e posta en valor do Viaducto de Madrid en Redondela

Do mesmo xeito que o Goberno central está a apuntar que se poden mercar edificios, como o Pazo de Meirás, con cargo ao 1 por cento cultural, tamén se poden destinar investimentos á recuperación deste enclave referente do patrimonio industrial galego e que na actualidade se atopa nun preocupante estado de deterioro”, sinalou o voceiro popular. Esta proposición non de lei recorda que a vila de Redondela está presidida por dous viaductos do século XIX: o Viaducto de Madrid, actualmente en desuso e declarado Ben de Interese Cultural en 1978, e o Viaducto de Pontevedra, que aínda hoxe continúa operativo e polo que circula o transporte ferroviario. “Ámbalas construcións formar parte das sinais de identidade de Redondela, de xeito que é coñecida como a Vila dos Viaductos”, sinala a deputada na exposición de motivos.

PONTE REFERENTE DO SÉCULO XIX

O Viaducto de Madrid constitúe unha obra vencellada á construción do ferrocarril en Galicia, cuxas dimensións e situación posiblemente o converten na ponte de ferrocarril máis interesante do século XIX que se conserva en Galicia. A deputada popular sinala que “o desuso e a falta de mantemento desta obra contribuíron ao estado de grave deterioro que presenta desde hai anos, o que contrasta coa protección que lle dispensa a normativa vixente en materia de patrimonio, habida conta do seu carácter histórico e do seu indiscutible valor como testemuña do noso patrimonio cultural industrial”.

Lorena López indica que “a degradación, a fatiga dos materiais, o óxido e outros datos que o viaducto presenta na actualidade esixen medidas de intervención urxentes por parte de Patrimonio do Estado, de cara tanto á recuperación e posta en valor desta peza do noso patrimonio industrial como a solucionar os problemas derivados da perigosidade que conleva a degradación progresiva d unha infraestrutura que sobrevoa a vila de Redondela”. Os deputados do Grupo Parlamentario Popular desprazáronse posteriormente ata a illa de San Simón, onde fixeron un percorrido polos diversos edificios recuperados gracias a un proxecto desenvolvido pola Xunta de Galicia baixo a dirección de César Portela, así como polo enclaves máis emblemáticos deste enclave da ría de Vigo.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: