O IGVS PUBLICA AS LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO PROCESO DE ADXUDICACIÓN DE 15 NOVAS VIVENDAS DE PROTECCIÓN AUTONÓMICA REHABILITADAS POLO CONSORCIO CASCO VELLO DE VIGO

  • As listas xa se poden consultar na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
  • O correspondente sorteo, ante notario e público, realizarase o vindeiro xoves 4 de agosto, ás 10.00 horas da mañá, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo.

Vigo, 28 de xullo de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), publicou hoxe as listas de admitidos e excluídos para o procedemento de adxudicación de 15 novas vivendas de protección autonómica (VPA) de réxime concertado rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo. O procedemento para a adxudicación destas vivendas foi iniciado pola Comisión Provincial de Vivenda o pasado 30 de maio. As listas de admitidos e excluídos, con indicación da causa da exclusión, xa se poden consultar a través da web do IGVS:

(http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes). Tamén se poden consultar a través da páxina web do CCVV (www.consorciocascovellovigo.org) Unha vez publicados os listados definitivos, o seguinte paso no proceso é o correspondente sorteo ante notario, que se celebrará o vindeiro xoves 4 de agosto ás 10.00 horas da mañá no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Será un sorteo ante notario, e público, co que poderán asistir todas as persoas interesadas que están inscritas nos listados publicados esta mañá. As listas de admitidos están compostas por todos aqueles inscritos no Rexistro de Demandantes da Xunta de Galicia na data de inicio do procedemento que solicitaron a súa inclusión no sorteo de unha ou varias das promocións ofrecidas polo Consorcio Casco Vello. Cada solicitante so poderá ser adxudicatario dunha vivenda. No suposto de que a mesma persoa resultase agraciado no sorteo de dúas ou varias das promocións, so poderá adquirir unha vivenda, renunciando ao resto de adxudicacións. Tódalas vivendas se adxudicarán en réxime de compravenda, estando rematadas as obras de rehabilitación das mesmas. As vivendas a adxudicar son as seguintes:

Localización Tipoloxía Prezo (euros)
Rúa Abelleira Menéndez, 24-26 5 vivendas de 42,61 a 68,80 m2 De 75.578,21 a 122.031,94
Rúa Abelleira Menéndez, 18-20 4 vivendas de 40,19 a 83,04 m2 De 71.285,81 a 147.289,71
Rúa Cruz Verde 5 6 vivendas de 48,40 a 65,56 m2 De 85.848,05 a 114.582,31

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: