A CIG-Servizos denuncia o despedimento dunha delegada do comité de Linorsa por apoiar a folga das limpadoras dos colexios de Vigo

A representación dos empregados denunciou o caso no xulgado do Social e reclámalle ao Concello que medie para lograr a readmisión

VIGO/29-07-11

A federación de Servizos da CIG de Vigo denunciou hoxe o despedimento dunha delegada do comité de empresa de Linorsa, concesionaria da limpeza dos colexios públicos da cidade, por ter participado na folga convocada para reclamar a ampliación da xornada. A central nacionalista reclámalle ao Concello que medie coa compañía e anuncia mobilizacións.

A secretaria comarcal da CIG-Servizos de Vigo, Transi Fernández, compareceu coa presidenta e secretaria do comité para dar conta da decisión da empresa e criticar que se teña comunicado o despedimento “un día antes do remate do curso”. En canto aos motivos, explicaron que Linorsa argumenta que a traballadora mantivo hai meses unha discusión cunha compañeira e que a tería insultado, algo que negan. “Tampouco entendemos por que din na carta de despido que a suposta lea se produciu en marzo, cando o único que houbo foi un pequeno incidente no mes de novembro”.

Fernández lembrou que a traballadora que denunciou ter recibido os supostos insultos foi precisamente a mesma persoa á que a empresa contratou de xeito indefinido o pasado mes de xuño. “Fixéronlle un contrato de 22 horas e media, máis do que figura no acordo coa empresa, de costas ao comité”, critican. Tampouco queren deixar pasar por alto o feito de que a despedida non tivese ningún tipo de incidente nin sanción durante os máis de 15 anos que leva na compañía. “Só lle entregaron un apercibimento uns meses antes do despido”, sosteñen.

Polo tanto, consideran que se trata dun despedimento en resposta á participación da traballadora na folga e instarán ao Concello de Vigo a que medie para lograr a readmisión. Do contrario, anuncian, convocarán novas mobilizacións. Tamén indicaron que se non fixeron público o despido até o de agora foi que o propietario de Linorsa, co que xa mantiveron un encontro, se comprometera a readmitila antes do proceso xudicial iniciado agora tras a denuncia presentada polo comité no xulgado do social.

Finalmente, adiantan que manterán xuntanzas cos tres grupos políticos con representación no Concello e aseguraron que posúen cartas de directores de centros educativos na cidade nas que lle recriminan á empresa o ter apartado do seu labor a outras traballadoras que tamén participaron na folga.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: