A XUNTA DESTINA 39 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS A COLABORAR CO CERMI, O COMITÉ DE ENTIDADES DE REPRESENTANTES DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe a asemblea extraordinaria do CERMI, o comité que aglutina ás principais asociacións de persoas con discapacidade de Galicia
  • A responsable do departamento autonómico lembrou que o Plan Integral de Acción para as Persoas con Discapacidade que está a executar o Goberno galego constitúe a primeira estratexia específica de Galicia neste eido
  • Mato destaca que a Xunta está a facer “un importante esforzo” para garantir aos cidadáns os servizos básicas e para seguir avanzando na construción dunha sociedade “con maiores niveis de calidade de vida para todas as persoas sen excepcións”
  • O Goberno galego incrementou nun 12,6 por cento desde o comezo da lexislatura as prazas para persoas con discapacidade

Santiago, 28 de xullo de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar está a destinar anualmente preto de 39 millóns de euros para colaborar e apoiar ás entidades de representantes de persoas con discapacidade de Galicia que aglutina CERMI. A responsable do departamento autonómico, Beatriz Mato, gabou hoxe o labor que están a desenvolver os colectivos que traballan coas persoas con discapacidade na inauguración da asemblea extraordinaria que hoxe celebrou o comité de entidades de representantes de persoas con discapacidade (CERMI) en Santiago para elixir ao novo comité executivo para os vindeiros catro anos.

Mato indicou que esta colaboración cos principais colectivos que en Galicia traballan a favor das persoas con discapacidade tradúcese no concerto de prazas, plans de cooperación e axuda ao mantemento de todas as entidades que conforman CERMI, entre outras actuacións.

Así mesmo, a conselleira de Traballo e Benestar destacou que o Plan Integral de Acción para as Persoas con Discapacidade 2010-2013, que está a desenvolver na actualidade o Goberno galego, constitúe a primeira estratexia de Galicia nesta materia.

 

Neste senso, lembrou que este proxecto foi deseñado co consenso dos principais colectivos que traballan coas persoas con discapacidade. “A achega do CERMI ás diferentes mesas de traballo para a composición e posta en marcha deste plan foi esencial e a súa colaboración tamén o será no seu desenvolvemento”, engadiu.

 

Por último, Mato resaltou o “importante esforzo” que está a facer o Goberno galego para garantir aos cidadáns os servizos básicos, un compromiso no que se reafirmou hoxe. Indicou, ademais, que “a Xunta seguirá a traballar na inclusión de todos os colectivos sen exclusións para continuar avanzando na construción dunha sociedade con maiores niveis de calidade de vida para todas as persoas”.

 

Na actualidade,

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: