A XUNTA PREVÉ RECUPERAR PRETO DE 6 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS EN PRODUCIÓN MARISQUEIRA A TRAVÉS DO SISTEMA DE REINSTALACIÓN DOS MOLUSCOS

  • 110729corte conselleira sistema reinstalación

  • O sistema de reinstalación permitirá poñer ao ano no mercado arredor de 450 toneladas máis de moluscos óptimos para o consumo

  • Rosa Quintana salientou o compromiso adquirido dende o primeiro momento por parte da Xunta de buscar unha solución que permitira a todos os mariscadores afectados, sen excepción, poder volver á actividade normal

  • A Consellería do Mar optou por este cambio de estratexia en aras dun sistema igualitario e equilibrado entre todas as confrarías afectadas e non só dunhas cantas

  • O novo sistema contempla a creación dunha zona de reinstalación na que se poderá depositar temporalemente o produto extraído das zonas C dando perfecto cumprimento ao Reglamento da UE en materia de hixiene dos alimentos de orixe animal

  • O procedemento de reinstalación contempla todos os pasos dende a recollida dos moluscos na lonxa das confrarías de orixe ata o seu retorno

Santiago, 29 de xullo de 2011.- A Consellería do Mar porá en marcha este mesmo mes un sistema de reinstalación de moluscos procedentes das zonas catalogadas como C que se estima que permitirá recuperar en Galicia unha produción dunhas 450 toneladas anuais máis de moluscos bivalvos que xerarían arredor de 6 millóns de euros de valor no mercado. Son as estimacións ás que se referiu esta mañá a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a presentación que realizou aos representantes de todas as confrarías galegas da nova zona na que se reinstalará temporalmente o molusco bivalvo vivo e que está ubicada na Mariña lucense, dentro do termo municipal de Xove.

En aras dun sistema equilibrado e igualitario entre as distintas confrarías con zonas catalogadas como C, Rosa Quintana subliñou que o compromiso de buscar unha solución a este problema sempre foi unha das prioridades que tivo o seu departamento enriba da mesa dende o primeiro momento. De feito, traballou en varias liñas entre as que destaca a solicitude ante a Unión Europea dunha moratoria que permitise a extracción dos moluscos bivalvos para a súa comercialización en fresco previa depuración intensiva tal e como se veu realizando sen problema algún ata o momento no que entrou en vigor a normativa europea que o impediu en xaneiro de 2006.

A falla de adopción de medidas por parte do anterior goberno permitiu que entrase en vigor esta normativa que impedía que os mariscadores afectados puideran traballar con normalidade e extraer o molusco para a súa comercialización en fresco. Ese mesmo goberno determinou en 2007 a sinatura de convenios de colaboración con 10 das 15 confrarías afectadas para que arredor de 1.000 mariscadores puideran compensar as mermas dos seus ingresos ante a imposibilidade de traballar con normalidade.

A pesares dos 58 millóns de euros que supuxeron os convenios con estas 10 confrarías, comprobouse a súa reducida eficacia posto que algunhas das zonas afectadas non aumentaron a súa potencialidade de produción e mesmo se puido comprobar como se chegou a aumentar a actividade extractiva ilegal. Despois de financiar este tipo de actuacións durante catro anos e de comprobar a falla de eficacia, o departamento que dirixe Rosa Quintana traballou nun cambio de estratexia que permitirá unha racionalización da inversión e da xestión destes bancos marisqueiros.

O sistema de reinstalación

O novo sistema anunciado pola conselleira da cumprimento ao Regulamento (CE) nº 853/2004, do Parlamento Europeo e do Consello do 29 de abril de 2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal e no que se contempla a viabilidade da extracción do molusco para consumo en fresco sempre que se reubique previamente nunha zona declarada de reinstalación ou ben logo dun proceso de transformación que elimine os microorganismos patóxenos que puidera conter.

En base a este Regulamento, a Consellería do Mar, analizou o litoral de Galicia para atopar unha zona que reunira os requisitos técnico-sanitarios para ser catalogada como zona de reinstalación. O lugar que cumpriu as características óptimas para a reubicación temporal do molusco sen que supoña ningún tipo de problema para o medio mariño ou costeiro da zona é o de Morás, no termo municipal de Xove.

O procedemento de reinstalación contempla a recollida dos moluscos na lonxa das confrarías de orixe, o seu transporte ata a zona de reinstalación, o manexo, control e vixilancia dos lotes estabulados, o aseguramento da produción estabulada, a toma de mostras e o envío para a súa análise e retorno dos moluscos xa aptos para o consumo ata a correspondente lonxa de orixe. Será un sistema totalmente controlado de principio a fin, sanitariamente seguro e non acarreará ningún coste para ningunha das confrarías que se adscriban.

Este sistema vai permitir que todos os mariscadores sen excepción poidan recuperar a súa actividade normal ao tempo que se dará lugar a unha rexeneración máis eficaz e eficiente da zona que evite a presenza de furtivos. Abrirá, ademais, a posibilidade de crear novos postos de traballo coa dotación de novos permisos de explotación nestas zonas nas que, ata o de agora, era inviable.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: