O PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL DA XUNTA OFERTA UN TOTAL DE 230 PRAZAS EN LUGO E OURENSE

  • A iniciativa das consellerías de Traballo e Benestar e de Medio Rural, que comeza hoxe, desenvolverase no concello de Vilar de Barrio (Ourense) e na localidade de Samos (Lugo)
  • Á actividade poden asistir voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos
  • A inscrición pode realizarse a través do formulario que se atopa na web www.voluntariadogalego.org

Santiago, 29 de xullo de 2011.- A Xunta vén de poñer en marchar un ano máis o programa de voluntariado ambiental co obxectivo principal de sensibilizar e informar aos mozos e mozas sobre os problemas ambientais que afectan ao entorno local e global e a importancia da concienciación na prevención e vixilancia contra a lacra dos incendios forestais. Trátase dunha actuación máis das que está a desenvolver o Goberno galego co fin de concienciar á poboación neste eido. En total, a Xunta oferta 230 prazas que voluntarios e voluntarias poidan participar este verán nesta actividade que desenvolven as direccións xerais de Xuventude e Voluntariado e de Montes. O programa, que arranca hoxe, desenvolverase en diferentes fins de semana ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro en dúas localizacións diferentes: no centro de educación ambiental das Corcerizas, en Vilar de Barrio, en xullo e agosto e no albergue Priorato de Campos, no concello lucense de Samos, tamén en setembro. A primeira quenda, que rematará o domingo, oferta 25 prazas para mozos e mozas na localidade ourensá e 20 na lucense. No programa poden participar voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación. A inscrición pode realizarse a través do formulario que se atopa na web www.voluntariadogalego.org. O custe para tomar parte desta iniciativa é gratuíta, ofertándose aos voluntarios e voluntarias aloxamento e pensión completa no albergue elixido, o desenvolvemento dun programa de actividades e un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Os participantes non só recibirán formación en educación ambiental senón que aprenderán a valorar os distintos impactos ambientais e os efectos de contaminación que os lumes orixinan nos ríos, así como as consecuencias do cambio climático. Así, a iniciativa cumprirá varios obxectivos: facilitar canles de participación e crear espazos de colaboración social; evitar a aparición de incendios forestais mediante a vixilancia disuasoria; educar ambientalmente ás voluntarias e voluntarios; promover a interpretación do noso patrimonio natural, cultural e histórico; impulsar boas prácticas centradas na prevención dos lumes e no aproveitamento multifuncional do monte; e divulgar a normativa vixente en materia forestal, que define como delito os lumes provocados ou intencionados. Neste marco, é importante lembrar que tres de cada catro incendios forestais son provocados. Deste xeito, os voluntarios realizarán obradoiros de concienciación en prevención de incendios forestais, de cartografía e orientación, labores de información e sensibilización á poboación local, visitas ao Alto da Serra de San Mamede, melloras de puntos de auga e tarefas de poda de ramas baixas, entre outras actividades. O programa, ademais, informará sobre a celebración en 2011 do Ano Europeo do Voluntariado e do Ano Internacional dos Bosques.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: