TRABALLO AMPLÍA EN 3,5 MILLÓNS DE EUROS A LIÑA DE APOIO AOS AUTÓNOMOS E EMPRENDEDORES, QUE ACADA ASÍ OS 30 MILLÓNS

  • O Diario Oficial  de Galicia publica hoxe dúas ampliacións de crédito neste sentido
  • En concreto, amplíase en 3,3 millóns a orde para a promoción do emprego autónomo, que pasa así de 22,7 a 26 millóns de euros
  • Ademais, tamén se incrementa en 223.000 euros o réxime de axudas e subvencións para as empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego
  • Inicialmente, o conxunto dos seis programas destinados a autónomos e emprendedores contaba cun orzamento de 27,1 millóns, que pasa a ser de máis de 30 millóns -trala ampliación de crédito de dúas das súas ordes- e que beneficiará a máis de 4.000 persoas

Santiago, 29 de xullo de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de ampliar en 3,5 millóns de euros a súa liña de apoio a autónomos e emprendedores, que está conformada por seis programas distintos. Deste xeito, o orzamento global desta liña de actuacións pasa dos 27,1 millóns programados inicialmente a superar os 30 millóns. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación de crédito de dous dos seis programas que forman parte desta liña de apoio a autónomos e emprendedores. En concreto, o incremento de 3,5 millóns repártese do seguinte xeito: un aumento de 3,3 millóns para a orde de promoción do emprego autónomo; e 223.000 euros de incremento para o réxime de axudas e subvencións para as empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego.

Así, a orde do 17 de marzo de 2011 que establece as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo pasa de ter 22,7 millóns a máis de 26 tras esta ampliación.

Este programa contempla diversos apoios para os autónomos: subvencións para as persoas desempregadas que se establezan por conta propia; axudas financieiras para facilitar a creación do posto de traballo; axudas para asistencias técnicas, para formación ou para a primeira contratación indefinida que realicen, entre outras.

Por outra banda, tamén se incrementa en 223.000 euros a orde do 20 de maio de 2011 que regula o réxime de axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES). Grazas a este incremento, estas subvencións contarán cun total de 1,6 millóns de euros, fronte aos 1,4 que estaban consignados inicialmente. Prevese que desta orde poderán beneficiarase unhas 140 empresas. O seu obxectivo é promover e fomentar a creación de empresas innovadoras que sexan económica e financeiramente viables e que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural. Estas subvencións financian parcialmente os custes necesarios para a posta en marcha dos proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego. Para obter a cualificación como iniciativa local de emprego é necesario que as iniciativas sexan proxectos empresariais innovadores e xeradores de emprego promovidos e apoiados por unha corporación local ou un departamento da Xunta. Hai que ter en conta que ademais destes dous programas –fomento do emprego autónomo e ILES-, existen outros catro que forman parte da liña de apoio a autónomos e emprendedores: programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego I+E+E; axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IeBTs); incentivos para promover a afiliación á seguridade social das persoas cotitulares de explotacións agrarias; e axudas ás asociacións de autónomos. En total, todas estas axudas suman –trala ampliación formalizada hoxe de dous dos seus programas- máis de 30 millóns de euros, o que permitirá beneficiar a máis de 4.000 autónomos e emprendedores.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: