Archive | julio 30, 2011

O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS ORGANIZA VISITAS GUIADAS A MEMBROS DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

  • A iniciativa, feita en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos, pretende dar a coñecer a diversidade natural deste Parque Nacional que xestiona Medio Rural
  • A Asociación de Párkinson de Vigo é a derradeira organización que se beneficia desta iniciativa neste mes de xullo Leer Más…

A XUNTA DE GALICIA LAMENTA NON TER RESPOSTA AÍNDA DO GOBERNO CENTRAL SOBRE AS ALTERNATIVAS PROPOSTAS Á SUSPENSIÓN DO TAX LEASE

A consellería de Economía e Industria estuda o xeito de actuar directamente se o Goberno Central non defende ao sector naval ante a Comisión Europea

  • O conselleiro de Economía mostrou a súa preocupación ante a falta de resposta e urxe de novo ao Goberno central a procura de solucións inmediatas xa que non se pode esperar mais
  • As alternativas elaboradas pola Xunta e enviadas a Madrid o pasado xoves,

céntranse na legalidade do sistema de arrendamento actual e na aportación de solucións para a situación de cara o futuro, que permitan a continuidade do sector naval Leer Más…

Festiclown encara a súa última xornada, centrada na formación

Clases abertas combinaranse coas últimas sesións dos cursos do Formaclown. Deste xeito, e cun dos apartados máis exitosos da edición 2011, esta pon o seu punto e final. As e os alumnos de Leo Bassi, Christian Atanasiu e Norman Taylor porán en práctica para o público todo o aprendido durante a formación. Será a primeira delas ás cinco e media, onde baixo o título “Á procura da nosa identidade cómica” poidamos contemplar o progreso das e dos pupilos de Bassi. Ás seis será a quenda dos que participaron no curso “Excéntricos, chiflados e humor absurdo” impartido polo alemán Christian Atanasiu e xa ás sete e media do serán pecharán as e os participantes no curso de Norman Taylor sobre “Movemento cómico”.

Todas as clases abertas celebraranse no lugar onde se imparten os cursos, o Conservatorio Superior de Música de Vigo (rúa Manuel Olivié, zona do Castro) e son de libre acceso para o público.

Novo récord de asistencia e grande éxito de Yllana A xornada do sábado foi un novo éxito no Festiclown. Prazas ateigadas coa actuación de Lusco e Fusco, os gañadores da sección Valladolid propone do “Festival TAC Valladolid 2011” e Atempo Circ foron dos espectáculos máis concorridos do día. Se ben, non podemos esquecer a impecable e xenial actuación de Yllana. O Centro sociocultural Novacaixagalicia encheuse do mellor humor e de público. De novo, a compañía madrileña demostrou por que segue a colleitar tan boas críticas 20 anos despois da súa creación.

Los titulares de instalaciones de tecnología solar fotovoltaica podrán acogerse a líneas de financiación del ICO

  • La financiación podrá será otorgada con la garantía subordinada de la propia instalación, y con la posibilidad de una carencia temporal de 2 años y un plazo de amortización de 7 años para la devolución. Leer Más…