O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS ORGANIZA VISITAS GUIADAS A MEMBROS DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

  • A iniciativa, feita en colaboración coa ONG Solidarios Anónimos, pretende dar a coñecer a diversidade natural deste Parque Nacional que xestiona Medio Rural
  • A Asociación de Párkinson de Vigo é a derradeira organización que se beneficia desta iniciativa neste mes de xullo

Santiago, 30 de xullo de 2011.- O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, xestionado pola Consellería do Medio Rural, acolle a iniciativa social “Turismo para todos” que permitirá que varios colectivos en risco de exclusión social coñezan en primeira persoa a diversidade natural do espazo. A iniciativa estase a levar a cabo grazas a un convenio de colaboración social do Parque Nacional coa ONG Solidarios Anónimos. O obxectivo desta actividade é dar a coñecer os valores naturais e culturais das Illas Atlánticas, ao mesmo tempo que se reforza o compromiso social e ético do Parque con estas persoas, tendo en conta as súas necesidades especiais.

Visitas en xullo

Para a xornada de hoxe está programada unha visita guiada grazas a este convenio entre o Parque Nacional das Illas Atlánticas e a ONG Solidarios Anónimos. Os visitantes forman parte da Asociación de Párkinson de Vigo, entidade que leva dende o ano 2003 atendendo sen ánimo de lucro ás demandas dos afectados por esta enfermidade, facendo especial fincapé na reivindicación de inserción social dos seus membros na sociedade galega. Durante este mes de xullo visitaron o espazo natural membros de dúas institucións da cidade de Vigo, os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres (institución relixiosa que ten por obxecto atender ás persoas que se atopan en risco de exclusión social) e o Comedor da Esperanza (órgano pertencente á Fundación Casa Caridad de Vigo – Hogar San José, encargado de ofrecer asistencia alimentaria a todo aquel que o necesite).

Integración natural

A necesidade de inclusión destes colectivos na sociedade leva a que dentro destas visitas guiadas se organicen unha serie de actividades coa fin de dinamizar a inserción social, tendo en conta o contacto co medio natural. Deste xeito, cabe salientar o desenvolvemento de iniciativas que fomenten o respecto á natureza, a confección de folletos e outras ferramentas sensoriais para discapacitados visuais, así como xornadas didácticas de interese social e medioambiental capaces de promover accións de integración natural para todos os públicos sexa cal sexa a incapacidade ou situación do afectado.

About Vgomagazine

Revista Online.

0 responses to “O PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS ORGANIZA VISITAS GUIADAS A MEMBROS DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL”

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: