ECONOMÍA E INDUSTRIA FINANCIA A INVESTIGACIÓN DO GRAN BURATO PARA CONFIRMAR A EXISTENCIA DE GAS NO SUBSOLO MARIÑO GALEGO

  • O conselleiro de Economía e Industria asina o convenio que fará posible a posta en marcha da segunda expedición de investigación ao maior volcán submarino do mundo, producido por unha erupción de gas
  • Javier Guerra explica que “o éxito da primeira campaña fai necesaria unha segunda expedición”
  • O Titular de Economía salienta que “a política gasista da Xunta é ambiciosa e está orientada a acelerar o desenvolvemento económico e social de Galicia”
  • A segunda campaña, financiada pola Xunta, centrarase nas tres áreas de interese máis prometedoras, definidas na primeira investigación
  • Os labores de exploración acotaranse a un área de 1.130 quilómetros cadrados, o que equivale a un cuarto da superficie da Provincia de Pontevedra

Santiago, 1 de agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria tense convertido na promotora das dúas campañas de investigación do Gran Burato, cun esforzo para o financiamento dos labores do equipo de investigadores liderado pola Universidade de Vigo que suma 1,26 millóns de euros.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou hoxe o convenio de colaboración que fará posible a posta en marcha da segunda expedición de investigación ao maior volcán submarino do mundo, producido por unha erupción de gas, atopado fronte ás costas Galicia.

Javier Guerra salientou que o Goberno galego “apoia as fontes de enerxía autóctonas máis rendibles e limpas” e recordou que “a política gasista da Xunta é ambiciosa e está orientada a acelerar o desenvolvemento económico e social de Galicia”, xa que “confía no gas como un recurso enerxético de futuro e máis de presente”.

O titular de Economía adiantou que a segunda campaña de investigación da “morfoestructura singular”, coñecida como “Gran Burato”, terá como obxectivo a confirmación das evidencias de existencia de gas no subsolo mariño, atopadas no transcurso da expedición levada a cabo nos meses de outubro e novembro de 2010, a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa.

Neste sentido, Guerra explicou que “tras o éxito da primeira campaña”, na que o equipo científico atopou evidencias da presenza de acumulacións locais de gas libre en sedimentos do subsolo profundo e tamén algúns indicios da presenza de hidratos de gas máis próximos, “faise necesaria unha segunda expedición”.

A nova expedición a bordo do Buque Oceanográfico Sarmiento de Gamboa, farase desde o 14 de agosto ao 13 de setembro (28 días), para continuar afondando posteriormente no análise e o estudo dos datos polos investigadores.

Nesta ocasión, a campaña, financiada pola Xunta, centrarase nas tres áreas de interese máis prometedoras, definidas no transcurso da primeira investigación. De xeito que os labores de exploración acotaranse a un área de 1.130 quilómetros cadrados, o que equivale a un cuarto da superficie da Provincia de Pontevedra, nunha zona de traballo que se sitúa a 1.700-2.000 metros de profundidade.

Ademais, o conselleiro destacou a calidade do “excelente equipo de traballo” apoiado pola Consellería de Economía e Industria, que nesta segunda edición continúa a estar liderado polo Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental da Universidade de Vigo, coa colaboración de diferentes departamentos desta universidade, do Instituto Español de Oceanografía e do seu homólogo francés, así como doutras universidades españolas, francesas e portuguesas.

 

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: