Noticias Ayuntamiento de Vigo – 01-08-11


 

O alcalde cifra en 1,2 millóns o investimento municipal para conceder 2.000 bolsas de comedor escolar

Abel Caballero asinou este luns o convenio anual coa Federación Olívica de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas de Vigo e comarca (FOANPAS) pola que o Concello inviste medio millón de euros para actividades e sufragar parte das bolsas de comedor escolar. En total, sumando a parte do departamento municipal de Política do Benestar, o Concello outorgou o último ano 2.000 achegas por 1,2 millóns de euros.

 


 

Caballero eloxiou a “soliedariedade” das familias viguesas que acollen este verán a 58 rapaces saharauis

O alcalde de Vigo, xunto coa primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e a edil de Política do Benestar, Isaura Abelairas, recibiron este luns aos nenos saharauis e ás familias viguesas que os acollen durante un mes na cidade, “con crise ou sen crise”, salientou Caballero. Desta volta, o programa “Vacacións en Paz” -no que o Concello faise cargo dos desprazamentos- trouxo a Vigo a 58 rapaces.

 


 

Silva explica que a Pinacoteca pecha para facer obras menores de acondicionamento

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, explicou hoxe luns que a Pinacoteca pechou este mes de agosto para atender “pequenas obras de calado menor pendentes”. A edil indicou que foron os técnicos municipais os que avogaron por acometer estas obras de mellora vinculadas á posta en funcionamento do museo porque “é nestes momentos cando se detectan as pequenas carencias nos edificios”

 

Urbanismo traballa para que a Cidade do Frío sea realidade o antes posible

O obxectivo do Concello é que a Cidade do Frío sexa realidade o antes posible, tal e como indicou a concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, nunha rolda de prensa na que avanzou “que traballan cóbado a cóbado con Zona Franca” para que poidan presentar os plans parciais que faciliten solo industrial terciario e solo dotacional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: