O DOG PUBLICA HOXE A APROBACIÓN DEFINITIVA AO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN DE MOAÑA, QUE CUALIFICA COMO SOLO PROTEXIDO O 80% DA SUPERFICIE DO CONCELLO

  • Trátase do sexto plan xeral que aproba o Goberno galego no presente ano e o número 19 no que vai de lexislatura
  • A aprobación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abarca o 97% do plan, deixando en suspenso un 3% do ámbito do termo municipal
  • Quedan pendentes de aprobación 8 dos 15 solos urbanizables propostos ao non estar convenientemente xustificados, incluíndo o solo urbanizable industrial
  • O plan xeral, que leva redactándose 10 anos, porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende 1996
  • Coa aprobación do PXOM de Moaña, un total de 54 concellos de Galicia contan cun planeamento xeral acorde coa Lei do Solo 9/2002, dos cales un 36% (19) foron aprobados nesta lexislatura

Moaña (Pontevedra), 1 de agosto de 2011.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación definitiva da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao PXOM do Concello de Moaña (Pontevedra).

O PXOM entrará en vigor 20 días despois de que Boletín Oficial da Provincia (BOP) e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publiquen a Normativa e Ordenanzas do PXOM.

A aprobación aplícase ao 97% do ámbito do plan xeral de ordenación municipal, polo que déixase en suspenso un 3% do mesmo, quedando pendentes de aprobación 8 dos 15 solos urbanizables propostos polo Concello de Moaña ao non estar convenientemente xustificados ou parcialmente suxeitos á diversas afeccións sectoriais coma a de augas e infraestruturas.

 

Así pois, o Concello deberá facer unha serie de correccións para emendar as deficiencias dos ámbitos que quedan sen aprobar, e redactar un novo documento refundido para, logo dos trámites oportunos, someterse novamente a aprobación definitivas.

A aprobación de plans xerais municipais aporta aos concellos: o respecto ao medio físico, con especial atención á súa importancia paisaxística; e a planificación ordenada do desenvolvemento urbano, evitando o deterioro territorial histórico provocado pola dispersión.

Polo que os PXOMs non deben ser vistos unicamente como o documento reitor da construción, senón como un documento que define o tipo de concellos, neste caso Moaña, que os cidadáns queren para o futuro.

Coa aprobación do plan se está definindo a evolución positiva que marcará un antes e un despois no seu desenvolvemento, fixando e aumentando a poboación, así como ordenando e dotando de servizos, tanto o núcleo urbano como as parroquias do rural.

Os plans xerais establecen unha política de conservación e potenciación dos valores de especial interese, e propoñen os mecanismos necesarios para dotar de servizos urbanísticos e infraestruturas á poboación existente e futura, xerarquizando a rede viaria para mellorar a accesibilidade. En definitiva, trátase de definir un sistema de equipamentos equilibrado e estratexicamente situado ao servizo da poboación.

Tramitación

O Concello de Moaña remitiu o PXOM o pasado 13 de abril á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, e solicitou a súa aprobación. Unha vez que os técnicos analizaron o documento, e o compararon coas consideracións sinaladas na orde de non aprobación do pasado data 6 de maio de 2008, comprobouse que en xeral, grande parte das deficiencias, foron emendadas ou xustificadas no documento aprobado provisionalmente polo Pleno Municipal do pasado 24 de febreiro.

O plan xeral supuxo estudar en detalle cada unha das case 3.415 hectáreas (34 km2) do concello. Coas determinacións do PXOM dispóñense de 79,1 hectáreas de espazos libres e zonas verdes, o que supón un 3% da superficie total de Moaña.

 

O solo urbano supón o 13% (446 hectáreas) e o urbanizable o 4 % da superficie do concello. Os núcleos rurais, coa súa banda de expansión constitúen preto do 1%, grazas á concentración no núcleo principal. Neste sentido, cabe salientar que todos os núcleos rurais definidos no PXOM foron aprobados. Tal e como se sinala anteriormente, apróbanse 5 dos 15 solos urbanizables, deixándose o resto en suspenso, incluíndo o solo urbanizable industrial. Cabe citar que case un 80% do termo municipal cualifícase como solo rústico de especial protección, feito que se traduce nunha aposta pola preservación natural e paisaxística do Morrazo.

10 anos de tramitación

O Concello de Moaña leva redactando o seu documento de planeamento dende xuño de 2001. Neste tempo a Administración galega destinou un importe de 96.816 euros, en concepto de axudas á redacción do planeamento. Dende a orde de Non aprobación emitida hai 3 anos, (en 8/05/2008) o Concello de Moaña someteu o PXOM a sucesivas aprobacións provisionais polo Pleno para dar cumprimento aos informes sectoriais que impoñían modificacións ao seu contido (o 14/08/2009, 05/08/2010, 04/11/2010 e a última o 24/02/2011. En concreto, en relación aos informes esixidos pola lexislación sectorial, indicábase que o informe emitido pola Subdirección Xeral de Estradas (de setembro de 2006), de carácter desfavorable, manifestaba a necesidade de obter un novo informe favorable antes da aprobación definitiva do PXOM. En decembro de 2010 o Concello de Moaña remitiu o PXOM á Consellería de Medio Ambiente para a aprobación definitiva, sen o informe da Dirección Xeral de Infraestruturas, que finalmente obtivo favorablemente en marzo de 2011. Posteriormente, en abril de 2011, o Concello de Moaña remitiu novamente o documento do PXOM para someterse a aprobación definitiva.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: