HOXE COMENZA NO MUSEO DO MAR DE GALICIA A PROGRAMACIÓN ESPECIAL DE VERÁN

As actividades relacionadas coa observación das estrelas, os novos obradoiros e  as visitas guiadas polas diferentes exposicións e o acuario, protagonizan  a oferta deste mes

Vigo, martes 2 de agosto de 2011.- O Museo do Mar de Galicia inaugura hoxe a súa programación especial de verán, con novidades como a organización de actividades de observación de estrelas, obradoiros colaborativos para as familias e visitas guiadas ás distintas exposicións e o acuario da institución museística. A programación desenvolverase ao longo deste mes, e está dirixida  a satisfacer a todos os públicos.
Entre as principais novidades destacan as visitas guiadas á exposición permanente do museo e o acuario, que tocarán aspectos tan relevantes para Galicia como son a pesca e a oceanografía. Os percorridos levaranse a cabo en horario de mañá, todos os martes, xoves e sábados as 12:00 h; e, en horario de tarde, os mércores, venres e domingos ás 18:00 h.
Unha programación atractiva para todos os públicos
As visitas ao intermareal son outras das novas  propostas do MdM. Permitirán aos asistentes coñecer en primeira persona algunhas das diferentes especies animais e vexetais que habitan na franxa litoral, caracterizada pola súa gran riqueza medioambiental. Esta actividade terá lugar os próximos martes, 9 e 23 de agosto, de 18:30 a 19:30 h.
Os visitantes tamén terán a oportunidade de viaxar pola cultura costeira galega, a  través de visitas guiadas pola exposición Cartas de punto maior. A costa Galega no Arquivo Pacheco; unha mostra que recompila un total de 85 imaxes realizadas entre os anos 1985 e 1960 nas que se amosa a cara máis descoñecida de Jaime de Sousa Guedes, Pacheco: a artística. A mostra propón un percorrido por lugares emblemáticos de Vigo, así como por diversos pobos costeiros de Galicia, entre A Garda e Malpica.
Están programadas dúas formas de visitar a exposición: dende unha óptica xeral ou por temáticas.
No primeiro caso, os percorridos guiados se desenvolverán en horario de mañá, todos os mércores, venres e domingos de agosto ás 12:00 h; e en horario de tarde, os martes, xoves e sábados ás 18:00 h.
Os itinerarios de corte temático terán lugar todos os xoves ás 19:00 h. e achegarán ao visitante a figura de Pacheco, ás súas técnicas fotográficas, aos cambios sociais, históricos ou paisaxisticos reflectidos neste traballo, así como a importancia das embarcacións na súas instantáneas. Na páxina web do museo www.museodomar.com se informará puntualmente da temática a tratar, cada semana.
observación das estrelas será a alternativa do Museo do Mar para as noites. Así, un especialista en navegación astronómica achegará a maiores e pequenos segredos vinculados ao ceo e as estrelas, tales como empregar as estrelas para guiarse no mar como facían os navegantes otrora. A celebración destas sesións dependerán directamenta da climatoloxía, polo que na páxina web do museo se anunciará a súa programación co debido tempo.
Non podían faltar nesta programación especial os característicos obradoiros do MdM, que se celebrarán dende hoxe ata o 26 deste mes, baixo  os títulos Piratas, Monstros Mariños e SereasProa ao MuseoExplora no Medio MariñoRedes Nasas e Anzois, en horario de 10:00 a 14.00 h., e dirixidos aos nenos e nenas de 5 a 14 anos.
Incorpórase unha novidade. O obradoiro Científicos na praia, enfocado ao goce das familias e no que os rapaces poderán vivir experiencias científicas e medioambientais no entorno da praia xunto cos seus país. Aprenderán como facer unha análise da contaminación da auga do mar, o ciclo de biodegradación dos residuos que se atopan nos areais, ou as diferentes especies que habitan o intermareal. O obxectivo, valorar a praia como ecosistema e non so como lugar de baño e xogos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: