Noticias Ayuntamiento de Vigo 02-08-11


O alcalde anuncia a presenza de Los Planetas en Castrelos, dentro dunha Semana Grande “notable e austera”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, presentaron este martes o programa festivo da Semana Grande de Vigo, do 6 ao 16 de agosto. O pregón -que inclúe sorpresas- correrá a cargo de Manuel Manquiña, Tony Lomba e Troula Animación, e o concerto de Los Planetas en Castrelos -sábado 13 de agosto por 5 euros- sobresae no panorama musical. Caballero salientou o aforro de 600.000 euros nunha programación con actos para todos os públicos.

 


Caballero ofrece á Xunta e Deputación “cooperar” para habilitar liñas nacionais e internacionais en Peinador

O alcalde de Vigo ofreceu hoxe martes á Xunta de Galicia e á Deputación de Pontevedra “cooperar” para habilitar rutas nacionais e internacionais desde o aeroporto de Vigo. Caballero asegurou que “non quero máis polémicas” e ofertou conversar ás administracións para impulsar Peinador, “o aeroporto a potenciar”. O primeiro edil citou Paris, Londres, Francfort e o norte de Italia como destinos internacionais centrais para Vigo.

 

O rexedor insta á Xunta a voltar á senda da cooperación no tax lease do naval

Abel Caballero subliñou hoxe martes “a importancia de que todas as administracións rememos na mesma dirección” para solucionar o problema do tax lease. En declaracións aos medios, o rexedor lembroulle á Xunta “a súa obriga de apoiar ao Goberno de España” na súa negociación coa Comisión Europea posto “que non creo que sexa convinte que aparezan voces discordantes”. Nesta liña, confirmou que o Goberno Central xa enviou as alegacións correspondentes coa petición de que se resolvan no mes de setembro.

 


Caballero mediará cos Ministerios de Pesca e Industria para que apoien Conxemar

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes a súa intención de “facer xestións” cos Ministerios de Pesca e Industria para “darlle fluidez” aos contactos cos promotores da feira de Conxemar. Logo dunha xuntanza con responsables do evento, o rexedor cualificou esta cita económica como “estratéxica para a cidade” e destacou a importancia de que desde Madrid se lle dea pulo “á feira do conxelado máis importante de Europa”.

 


Ciclo “Mércores de Solpor” no Verbum

Un ano máis celébrase na azotea do Museo Verbum os “Mércores de Solpor”. Esta 6ª edición volve a ser un punto de encontro para artistas de distintas disciplinas como a música, a poesía, a danza, o cabaré… onde experimentar e crear actuacións irrepetibles. Todas as actuacións comezarán as 20:30 horas con entrada gratuít

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: