O SXG CRITICA A PASIVIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS ANTE A PROFUNDA CRISE LABORAL QUE AFECTA AO XORNALISMO

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2011.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) critica os previsíbeis despedimentos en Xornal de Galicia ante a decisión dos propietarios dos propietarios do medio de pechar a edición en papel e manter a edición dixital. Esta decisión pon en en perigo á práctica totalidade do seu cadro de persoal, formado por máis de 40 profesionais.

Ante esta situación, o SXG esixe o mantemento do máximo número de postos de traballo para poder realizar unha edición dixital de calidade.

Asemade, o Sindicato de Xornalistas esíxelle aos propietarios de Xornal de Galicia que informe ao Comité de Empresa con claridade e rapidez sobre os seus plans.

Total pasividade da Xunta ante o peche de medios en galego

Tras máis de dous anos soportando un nulo apoio por parte da Xunta de Galicia, pecha o xornal con máis presenza da lingua galega nas súas páxinas neste momento.

O Sindicato de Xornalistas de Galicia amosa a súa solidariedade coas traballadoras e traballadores de Xornal de Galicia e pon os seus servizos xurídicos á súa disposición para que se lles aboen as cantidades que lles corresponden.

O Sindicato de Xornalistas de Galicia critica tamén a total pasividade da Xunta de Galicia mentres morren un tras outro os medios en galego, ou cunha presenza salientábel da nosa lingua nas súas informacións.

Quen se beneficia desta sangría?

En menos dun ano perderon o seu posto de traballo unhas 50 persoas que traballan en medios en galego. Pecharon Vieiros, A Nosa Terra en papel, A Peneira, Gznación e Galicia Hoxe, aos que lles hai que sumar os máis de 40 que o perden agora en Xornal de Galicia. Mentres tanto, a Xunta adicouse a repartir a dedo millonarias subvencións a outros medios. O SXG insiste en que se as empresas xornalísticas necesitan axudas, estas deben ser concedidas como se fai en calquera outro sector, mediante concurso obxectivo e público no DOG. Ademais, como aprobou por unanimidade o Parlamento de Galicia, as subvencións aos medios deben estar condicionadas á creación de emprego estable e ao uso real e sen discriminacións da lingua propia.

O SXG apela á responsabilidade das administracións para que fagan efectivo dunha vez o acordo unánime do Parlamento. O resultado de non aplicalo están a vista de todos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “O SXG CRITICA A PASIVIDADE DAS ADMINISTRACIÓNS ANTE A PROFUNDA CRISE LABORAL QUE AFECTA AO XORNALISMO”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: