s Verdes – Asilo Barrio del Cura Vigo

O grupo dos Verdes de Vigo acaba de presentar na sección de Patrimonio da delegación de Cultura da Xunta de Galicia en Pontevedra un escrito en contra do posible derrubamento ou traslado da fachada do antigo asilo de Vigo e da súa igrexa. Entenden que esta antiga construción forma parte do ensanche histórico e da memoria histórica da cidade. Contribuíu, ademais, a definir un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade: o paseo de Alfonso. O conxunto de asilo e igrexa teñen ademais un estilo claramente definido e propio dunha época: o neogótico. O proxecto, trazado en 1892, corresponde a Manuel Felipe Quintana Ochaita, que aplica a linguaxe neogótica coa libertade que lle outorgaba o eclecticismo. Este arquitecto é autor doutros templos neogóticos como o de Santiago da rúa García Barbón (1890-1907) e a parroquial do Porriño. Templos que a nadie se lle ocurriría propor derrubar. A linguaxe neomedieval, presente en todas cidades europeas, forma parte das correntes arquitectónicas que definiron o suntuoso ensanche pétreo da cidade de Vigo. Aplicouse tamén ao templo de María Auxiliadora (1923) da rúa Ronda (1923) que é moito máis tardío que a igrexa do asilo. Tamén, de forma moi singular, a edificios de carácter civil ou doméstico como a Escola de Artes e Oficios (1897), casa Yáñez (1900) da praza de Compostela e Círculo Católico Obreiro (1904) da rúa Doutor Cadaval, proxectados polo arquitecto francés Michel Pacewicz. Na obra de Benito Gómez Román está presenta a influenza desta corrente en inmobles de vivenda colectiva, como os situados no números 7-9 e 15 da rúa Carral.

Resulta contraditorio que en pleno século XXI, mentres aumenta a conciencia pola recuperación e conservación de certos espazos urbanos e naturais, os vigueses asistamos impasibles á desaparición deste inmobles que ten valor tanto dende o punto de vista ambiental, como do histórico e patrimonial. O grupo dos Verdes non se opón a remodelación deste entorno, pero sempre contando cos valores citados anteriormente. Outras institucións, como o Instituto de Estudios Vigueses, xa manifestaron publicamente o seu rexeitamento da desaparición do asilo e da súa igrexa.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: