NOVAS XERACIÓNS DE GALICIA PREPARADA PARA LEVAR A RAJOY Á MONCLOA.

  • Este mércores reuniuse en Santiago o comité de dirección e o comité executivo, para perfilar ás liñas de actuación de cara á próxima convocatoria electoral.
  • O que pase nas próximas eleccións vai ter consecuencias sobre todo para a mocidade”, manifestou onte Javier Dorado.

Santiago de Compostela 04 de Agosto de 2011.- Novas xeracións de Galicia ten pensado non descansar nesta época estival, moito menos despois do adianto electoral convocado nestes días, e tan só dous días despois de celebrarse o comité de dirección do PPDG, ós mozos e mozas encargados de dirixir novas xeracións reuníronse en Santiago de Compostela, para perfilar as liñas de actuación de cara ó próximo 20 de Novembro.

Xogámonos o futuro deste país, e que a nosa xeración non sexa perdida”, expuxo o secretario xeral de novas xeracións Juan Francisco López Prieto ós seus compañeiros e compañeiras, instándoos a traballar con forza para que o próximo presidente do Goberno sexa un galego, Mariano Rajoy.

Tanto no comité de dirección coma na Xunta directiva o presidente autonómico de Novas Xeracións, Javier Dorado, quixo transmitir ó equipo directivo da formación xuvenil, que “o que pase nas próximas eleccións vai ter consecuencias no noso día a día, sobre todo para nós, a mocidade”.

Novas Xeracións de Galicia toma este adianto electoral con moitísimas forzas e ilusións, convencidos plenamente de que o cambio que comezou fai dous anos en Galicia coa victoria do presidente Feijoo, agora culminará en toda España coa chegada de Mariano Rajoy á Moncloa.

E mentres a organización xuvenil popular encara a carreira electoral, non ten pensado paralizar o máis mínimo a súa actividade xa marcada, e seguir así renovando a súa formación con máis de 35 congresos locais ata o próximo un de Outubro ou mesmo coa campaña de afiliación “Seguimos xerando Ilusións” que está a levar por diferentes cidades e vilas de Galicia, entre outras actividades.

Aínda que nos encontremos en Agosto, a formación político-xuvenil do Partido Popular ten claro que no momento que vivimos non se pode parar nin un momento, e pretende traballar de forma incansable para tentar mellorar día a día as oportunidades para as mozas e mozos Galeg@s, todo isto demostra que a mocidade do partido popular traballa con máis forza e ilusión por Rajoy que os do Psoe por un Rubalcaba que non lles motiva nin mobiliza.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: