Archive | agosto 5, 2011

NOVAS XERACIÓNS DO PP DE CASELAS organiza o segundo campamento de verán

  • Será novamente en Gandarío, os días 13 e 14 de agosto. As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 659 032 808

Salceda de Caselas, 5 de agosto de 2011.- No seu compromiso de ofrecer actividades lúdicas e culturais nas que poidan participar todos os veciños de Salceda de Caselas, especialmente os máis mozos, Novas Xeracións do Partido Popular organiza, por segundo ano consecutivo, un campamento de verán no albergue de Gandarío, en Bergondo, A Coruña. Os mozos e mozas interesadas en participar nesta actividade, que se celebrará a vindeira fin de semana, os día 13 e 14 de agosto, poden anotarse e informarse máis polo miúdo no teléfono 659 032 808. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA APOIA A CELEBRACIÓN DA XXVIII EDICIÓN DA MOSTRA DA OLERÍA DE BUÑO

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso, o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta tarde na inauguración da mostra, que se celebra en Buño do 5 ao 15 de agosto

Nava Castro destacou que “a Mostra de Olería de Buño é, ano tras ano, un escaparate da calidade e da creatividade da olería e unha referencia para a artesanía en Galicia”

Desde a Consellería de Economía e Industria impúlsase esta Mostra da Olería de Buño co investimento de 15.000 euros

Noticias Ayuntamiento de vigo – 05-08-11


O alcalde visitou os traballos de mellora no Mercado do Progreso, que rematán en 12 meses cun investimento de 4,7 millóns

Abel Caballero, xunto á primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Comercio, Cayetano Rodríguez, visitaron este venres os traballos de reforma do tradicional mercado vigués, obra iniciada no anterior mandato que concluirá en agosto do próximo ano tras ter destinado o Concello 4,7 millóns de euros. O alcalde tamén adiantou que o goberno local concedeu autorización para a remodelación do Mercado de Teis.

 


Isaura Abelairas presenta “Castrelos Circus” , un espectáculo único e irrepetible de homenaxe ás orixes do circo

O espectáculo “Castrelos Circus 2”, que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo luns 8 de agosto (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués o espectáculo “IN SEPIA”. A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, indicou na presentación que será un show de calidade baseado no espledor do circo, na época dorada da que quedan imaxes fotográficas, algúns frescos e recordos.

 


Manuel Manquiña e Tony Lomba abren a Semana Grande das Festas de Verán

A Semana Grande das Festas de Verán comezará o sábado 6 de agosto ás 12 horas na praza da Constitución cun espectáculo a cargo da Manuel Manquiña e Tony Lombra con Troula Animación. O auditorio de Castrelos reunirá nun concerto ás 22.30 a Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Ás 21 horas dará saída a maratón fotográfica desde a praza do Pobo Galego. Ás 20 horas na praza da Princesa a banda Lira de San Miguel de Oia iniciará o ciclo de concertos “Un mar de Bandas” e na Alameda de Bouzas, o paiaso Popin animará ao público infantil.

 

Rúas pechadas con motivo da procesión do Cristo da Victoria o domingo 7 de agosto

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da procesión do Santisimo Cristo da Victoria, a
realizar este domingo 07/08/2011 estarán pechadas ao tráfico as rúas afectadas pola devandita procesión entre as 16:00 h e as 23:00 horas do domingo.

 

Bando da Inspección Técnica de Edificacións -ITE- 2011

Lémbrase á cidadanía que, de acordo co sinalado na disposición transitoria única da vixente Ordenanza municipal reguladora da Inspección Técnica de Edificacións (ITE) do Excmo. Concello de Vigo, durante este ANO 2011 deberán pasar a súa primeira inspección AS EDIFICACIÓNS CONSTRUÍDAS ENTRE 1970 E 1980.

 

Peche da rúa Espiñeiro

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechada a rúa ESPIÑEIRO no cruzamento con Maceiras, dende o luns 08 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro días.

 

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE AUTOTAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 29 da vixente Ordenanza municipal reguladora do Servizo e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 26 de agosto de 2011.

ECONOMÍA E INDUSTRIA FOMENTA A CREACIÓN DUN NOVO SECTOR INDUSTRIAL EN GALICIA NO EIDO DAS ENERXÍAS RENOVABLES

  • O conselleiro de Economía e Industria visitou hoxe ó prototipo de bóia experimental para xerar enerxía a partir das ondas do mar que está situada na ría de Ares
  • O titular de Economía salienta que “se traballa para posicionar a Galicia á vangarda da enerxía undimotriz, xerando un sector tecnolóxico, industrial e social, con grandes perspectivas de creación de emprego”
  • Javier Guerra explicou que “o obxectivo do proxecto é aproveitar o potencial económico e tecnolóxico da enerxía do mar”
  • A Xunta traballa na elaboración e aprobación dunha norma reguladora de esta actividade, co fin de ser a primeira Comunidade Autónoma en aprobar unha normativa clara sobre este sector enerxético Leer Más…

EL CONCELLO DO PORRIÑO EXPEDIRÁ DESDE LA SEMANA PRÓXIMA UNA TARJETA ESPECIAL PARA LAS PERSONAS DESEMPLEADAS


Se trata de una tarjeta de paro similar a la utilizada por el Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE) para que los desempleados porriñeses incluidos en la Bolsa Porremprego tengan la obligación igualmente de renovarla con el objetivo de que la Administración local disponga de datos actualizados y, consecuentemente, optimice los recursos existentes

De esta manera, todas las personas desempleadas de Porriño podrán beneficiarse de las múltiples acciones formativas puestas en marcha a lo largo del año o ser receptoras de alguna de las más de 100 ofertas de trabajo tramitadas cada mes por la Concejalía de Empleo y Formación.


FESTIVAL DOLOROCK 2011 – Meis, Pontevedra

Un año más se celebra el Festival Dolorock en Meis, Pontevedra. Y ya van 9 ediciones!

En ésta conforman el cartel Lori MeyersFuel FandangoIdealipsticksMarylandEme DjFiumichino.

Será el próximo 27 de agosto  a partir de las 21.00 en el Campo da Feira do Mosteiro.

La anticipada cuesta 5 € + gastos en www.laboleteria.es y 9 € en taquilla. El 20% de la recaudación se destinará a la Fundación Amigos de Galicia, que reparte su labor entre la ayuda a los colectivos más desfavorecidos de Galicia y la promoción cultural y el turismo.

Concedida "Folla de Prata" do Albariño a Xavier Castro, autor de A ROSA DO VIÑO

Esta é a terceira distinción que recibe o mencionado libro, que xa obtivo o Premio Deza Investigación, concedido polos Concellos da Comarca do Deza, e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best Wine History Book

O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a “Folla de Prata”, con motivo da quinquaxesimonovena edición da Festa do Albariño. A entrega terá lugar nunha cerimonia que se celebrará en Cambados o día 7 de agosto. O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro A rosa do viño, publicado por Editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro Cunqueiro, na súa faceta da catador de viños, a quen está consagrado este ano a festa do albariño.

Xavier Castro detense na consideración do tradicional gusto popular e no protocolo da
bebida  fronte á cata experta. Constátase a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre
de beber os galegos, e examínanse tanto as as boas maneiras como os usos populares, analizando
o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista no xeito de beber.
Alúdese asemade aos recipientes (pichel, xerro, cunca, vaso e copa) e ás expresións características que se adoitaban empregar nesta práctica social.
 

 

A XUNTA PROMOVE O RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NO ÁMBITO DA PEDRA NATURAL

  • A Consellería de Traballo e Benestar aportará os medios persoais para poñer a iniciativa en marcha, mentres que a de Economía e Industria achegará 40.000 euros a tal efecto
  • A iniciativa permitirá a acreditación laboral de arredor de 150 traballadores en 2012
  • O sector engloba uns 3.000 postos de traballo directos e outros 12.000 indirectos Leer Más…

A XUNTA REALIZA UN ESTUDO SOBRE A SITUACIÓN DA MOCIDADE GALEGA COMO FERRAMENTA PARA DESEÑAR AS POLÍTICAS PARA ESTE COLECTIVO

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe este traballo en rolda de prensa
  • O estudo, realizado pola Universidade de Santiago de Compostela, baseouse en 1.200 enquisas presenciais a mozos e mozas de entre 15 e 29 anos
  • Os datos abranguen diversas temáticas: emancipación, independencia económica, uso do tempo libre e do lecer, condutas de risco, valores, participación política ou estudos
  • Entre as principais conclusión do traballo, cabe destacar que a mocidade galega é sociable e non rexistra grandes problemas de convivencia
  • O ocio nocturno tende á baixa, sobre todo no botellón, ao tempo que descende tamén o número de fumadores Leer Más…