A XUNTA PROMOVE O RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NO ÁMBITO DA PEDRA NATURAL

  • A Consellería de Traballo e Benestar aportará os medios persoais para poñer a iniciativa en marcha, mentres que a de Economía e Industria achegará 40.000 euros a tal efecto
  • A iniciativa permitirá a acreditación laboral de arredor de 150 traballadores en 2012
  • O sector engloba uns 3.000 postos de traballo directos e outros 12.000 indirectos

Ourense, 5 de agosto de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar e a de Economía e Industria colaborarán para o desenvolvemento do proxecto de recoñecemento da experiencia profesional no ámbito da pedra natural, dirixido aos traballadores con experiencia laboral e formación non formal do sector da lousa, para que poidan obter unha acreditación oficial da competencia profesional que posúen. A Consellería de Traballo e Benestar aportará os medios persoais para poñer a iniciativa en marcha, mentres que a de Economía e Industria achegará 40.000 euros a tal efecto, o que permitirá a acreditación laboral de arredor de 150 traballadores en 2012. A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz; o director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces; e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presentaron hoxe esta iniciativa dirixida a un sector no que Galicia é lider mundial cun peso do 60% respecto ao Estado. Este sector engloba uns 3.000 postos de traballo directos en extracción e elaboración e a súa vez 4 postos indirectos por cada posto directo, polo que a cifra ascende ata os 12.000 postos de traballo. E, no referente á colocación de pizarra, Galicia conta con arredor de 2.100 traballadores. Unha parte moi importante dos traballadores do sector en Galicia carece dunha acreditación oficial das súas competencias profesionais. Son persoas sen cualificación acreditada, non sen cualificación real, pois a maioría, aínda que non posúan unha credencial oficial, si que posúen as cualificacións que se requiren no sector, por telas adquirido mediante a experiencia laboral, facéndose necesaria que obteñan unha acreditación oficial para mellorar as posibilidades de mobilidade profesional deste colectivo. Para a posta en marcha do procedemento de recoñecemento da competencia profesional levouse a cabo unha análise do sector, co fin de identificar as cualificacións e competencias que serían, á súa vez, prioritarias dentro do área da pedra natural. Atendendo ás demandas do sector, decidiuse desenvolver o proxecto de acreditación propia da pizarra, que comezaría polas tres seguintes unidades de competencia da cualificación profesional de “Cubertas inclinadas”: construír a cobertura con tella e lousa, organizar traballos de cubertas e impermeabilizacións e controlar a nivel básico riscos en construción. As persoas avaliadas neste procedemento quedarán validadas para obter o seu correspondente certificado de profesionalidade ou título e, por tanto, obter a acreditación oficial. De feito, no primeiro semestre de 2012 publicarase no DOG e no BOE a Orde da Consellería de Traballo e Benestar pola que se convocará o procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida por experiencia laboral en Galicia, que se prolongará arredor de seis meses. A Dirección Xeral de Formación e Colocación, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, realizará ao longo deste ano un curso de formación para a habilitación de 25 asesores e 25 avaliadores nas cualificacións e unidades de competencia da área de pedra natural e que executarán este procedemento. Así mesmo, a Consellería realizará unhas xornadas informativas sobre o Sistema Nacional de Cualificacións, os Certificados de Profesionalidade e o Procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, dirixidas aos colectivos de traballadores obxecto destas actuacións. Ademais, impulsarase un curso de formación sobre cubertas de lousa que vén a complementar a experiencia profesional dos traballadores para facilitarlles o seu aceso á acreditación profesional.

A Xunta considera prioritario o apoio ao sector da pedra natural en Galicia para contribuír a súa revitalización económica, máis necesaria nun período de dificultades no que se vén desenvolvendo esta actividade empresarial. Entre os obxectivos da Estratexia 2020 en materia de educación e formación profesional está a de facer realidade a aprendizaxe permanente dos traballadores, para o que se precisa unha maior flexibilidade na maneira de adquirir e avaliar os resultados das aprendizaxes, tendo especial relevancia o aprendido pola experiencia no traballo. A falta dunha cualificación real, a través dun título ou dun certificado con carácter oficial, que as persoas poidan facer valer no mercado de traballo, supón moitas veces unha importante barreira para acceder a un posto de traballo, para progresar na empresa ou para o desenvolvemento dun itinerario formativo e profesional do traballador. A carencia de acreditación profesional incrementa os riscos de exclusión laboral e polo tanto de exclusión social. Por conseguinte, a dispoñibilidade de traballadores acreditados beneficia a empresarios, a traballadores e ao conxunto da sociedade, non só a nivel autonómico e estatal, senón tamén a nivel europeo.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

0 Respuestas a “A XUNTA PROMOVE O RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL NO ÁMBITO DA PEDRA NATURAL”

  1. taja dice :

    maravillosamente, es la respuesta muy de valor
    http://www.elcoru.com/

    bryan

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: