Concedida "Folla de Prata" do Albariño a Xavier Castro, autor de A ROSA DO VIÑO

Esta é a terceira distinción que recibe o mencionado libro, que xa obtivo o Premio Deza Investigación, concedido polos Concellos da Comarca do Deza, e o premio Gourmand World Cookbook Awards 2010, na categoría Best Wine History Book

O Concello de Cambados concedeu a Xavier Castro a “Folla de Prata”, con motivo da quinquaxesimonovena edición da Festa do Albariño. A entrega terá lugar nunha cerimonia que se celebrará en Cambados o día 7 de agosto. O xurado valorou nomeadamente o feito de ser o autor do libro A rosa do viño, publicado por Editorial Galaxia, no que alude con amenidade e rigor ao viño albariño e tamén a Álvaro Cunqueiro, na súa faceta da catador de viños, a quen está consagrado este ano a festa do albariño.

Xavier Castro detense na consideración do tradicional gusto popular e no protocolo da
bebida  fronte á cata experta. Constátase a realidade dun ethos étnico, patente no modo enxebre
de beber os galegos, e examínanse tanto as as boas maneiras como os usos populares, analizando
o tránsito da bebida comunitaria a unha concepción individualista no xeito de beber.
Alúdese asemade aos recipientes (pichel, xerro, cunca, vaso e copa) e ás expresións características que se adoitaban empregar nesta práctica social.
 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: