NOVAS XERACIÓNS DO PP DE CASELAS organiza o segundo campamento de verán

  • Será novamente en Gandarío, os días 13 e 14 de agosto. As persoas interesadas deben chamar ao teléfono 659 032 808

Salceda de Caselas, 5 de agosto de 2011.- No seu compromiso de ofrecer actividades lúdicas e culturais nas que poidan participar todos os veciños de Salceda de Caselas, especialmente os máis mozos, Novas Xeracións do Partido Popular organiza, por segundo ano consecutivo, un campamento de verán no albergue de Gandarío, en Bergondo, A Coruña. Os mozos e mozas interesadas en participar nesta actividade, que se celebrará a vindeira fin de semana, os día 13 e 14 de agosto, poden anotarse e informarse máis polo miúdo no teléfono 659 032 808.

A viaxe realizarase, igual co ano pasado, en tren desde Vigo ata Coruña, collendo logo un autobús ata o campamento. Ao longo das dúas xornadas practicarán diversos deportes de auga, reservando tamén o tempo para relaxarse nas praias das Rías Altas. A responsable de NNXX de Salceda de Caselas, Ángela Valcárcel, espera que estes días “sexan unha boa experiencia para todos como o foi o pasado ano, no que pasamos unha fin de semana de compañeirismo e moi enriquecedora, que non só tiña como fin último a realización de actividades lúdicas ao aire libre senón tamén fomentar a convivencia, o respecto e unha serie de actitudes que axudaran aos mozos a convivir e a socializarse”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: