Archivo | agosto 5, 2011

Valença Mundo a Dançar – Festival Folclórico Internacional

Valença recebe o espetáculo O Mundo a Dançar – Festival Internacional de Folclore, sábado, 6 de Agosto, às 22h00, na Coroada. Grupos da Bielorússia, da Buriácia, da Coreia e do Togo estarão em palco para um espetáculo único de danças, musica e cor. Na eventualidade de chover no momento do espetáculo o mesmo passará para o Pavilhão Municipal. Leer Más…

A DEPUTACIÓN CONCEDERÁ Á BRILAT A MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA POLA SÚA LONGA RADICACIÓN EN PONTEVEDRA E A SÚA CONTRIBUCIÓN A DISTINTAS MISIÓNS DO ESTADO

Recoñecerá a traxectoria do escultor Manolo Paz de Cambados; de Aldeas Infantís; da Fundación Casa Ducal de Medinaceli (Pazo de Oca); do Club Balonmán Porriño e da Fundación Terras Gauda con mencións de honra. A Deputación de Pontevedra concederá a Medalla de Ouro da provincia de Pontevedra á Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (BRILAT) Galicia VII. Con este galardón a entidade provincial pretende homenaxear á BRILAT pola súa longa radicación en Pontevedra e a súa contribución a distintas misións do Estado. Leer Más…

JAVIER GUERRA SALIENTA O APOIO DA XUNTA AOS VIÑOS GALEGOS NA SÚA FIRME APOSTA POLA INTERNACIONALIZACIÓN

  • Economía e Industria mantén o seu compromiso cos viños das Rías Baixas co financiamento do 55% da campaña de internacionalización en Estados Unidos, un dos mercados con máis proxección de futuro no sector
  • O conselleiro de Economía e Industria afirma que “unha das fortalezas competitivas dos nosos caldos é a súa calidade” e o viño Albariño, Rías Baixas, é un referente que logrou posicionarse no mercado exterior
  • Guerra pon á disposición das adegas galegas as axudas orientadas a fomentar a cooperación empresarial como ferramenta facilitadora da internacionalización Leer Más…

CONDOLENCIAS DA DEPUTACIÓN POLO PASAMENTO DE FERNANDO GARCÍA DEL VALLE

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe no transcurso do Pleno da Corporación Provincial o seu máis sentido pésame polo pasamento de Fernando García del Valle, que foi presidente desta institución durante os anos 1986-1987. Del Valle tiña 81 anos de idade.

Louzán sumouse ó dolor da súa familia á que lle “queremos manifestar as nosas condolencias e lamentando a enorme perda que supón o seu falecemento”.

García del Valle desenvolveu un intenso traballo na Deputación onde compre salientar o seu traballo en prol da provincia de Pontevedra, especialmente no relativo ó impulso que lle conferíu ó Padroado de Turismo Rías Baixas, como dinamizador económico de Pontevedra. De feito este home destacou polo seu espírito emprendedor e visión de futuro.

Histórico de presidentes