MEDIO AMBIENTE ENTREGA AO CONCELLO DAS NEVES UNHAS OBRAS DE MELLORADOS SISTEMAS DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO

  • Este proxecto beneficia a preto de 4.500 habitantes do Concello das Neves, poboación que na época estival se incrementa pola chegada de turistas
  • Os traballos consistiron en dotar aos lugares de Ponte Vide e Gándaras- Rubiós dunha rede de recollida de augas fecais e a súa conexión á rede xeral de saneamento

Santiago, 6 de agosto de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de entregar ao Concello das Neves obras rematadas de mellora de abastecemento e saneamento. A Xunta de Galicia investiu preto de 230.000 euros nestas actuacións de carácter hidráulico. Os traballos consistiron en dotar aos lugares de Ponte Vide e Gándaras- Rubiós dunha rede de recollida de augas fecais e a súa conexión á rede xeral de saneamento. Así, instaláronse 915 metros de colector de PVC de saneamento de gravidade de diámetros de 200 e 315 mm. Ademais, proxectouse unha rede de abastecemento de 555 metros de lonxitude. As obras completáronse coa captación dun manantial e a súa condución ata o depósito municipal, e reparacións nos bombeos existentes, na ETAP, na depuradora e no depósito. Este proxecto beneficia a preto de 4.500 habitantes do Concello das Neves, poboación que na época estival se incrementa pola chegada de turistas. O departamento que dirixe Agustín Hernández, mediante a execución deste tipo de proxectos, pretende dotar aos concellos galegos de infraestruturas que permiten melloras na calidade de vida dos cidadáns. Foméntase así o desenvolvemento económico e social dos municipios da comunidade galega.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: