UN CURSO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL DE AXUDANTE DE COCIÑA IMPARTIDO EN CANGAS BUSCA FACILITAR A INSERCIÓN LABORAL DOS ASISTENTES

  • O Plan de Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar achega esta formación a quince persoas durante dúas semanas

Santiago, 7 de agosto de 2011.- Un total de 15 persoas participantes no II Plan Galego de Inclusión Social (II PGIS) da Consellería de Traballo e Benestar asisten durante dúas semanas en Cangas a un curso de formación ocupacional como axudante de cociña. Esta acción formativa, que se desenvolve nas instalacións do CEIP San Roque de Darbo, achegará aos asistentes formación específica co obxectivo de aumentar as súas competencias cara ao mercado de traballo e as súas opcións de atopar un emprego. O curso ten unha duración total de 38 horas.

Necesidades das empresas

A formación ocupacional é unha das liñas de actuación do II PGIS e constitúese como un instrumento para adaptar a formación ás necesidades das empresas e para proporcionar aos participantes coñecementos cualificados. Outros instrumentos do II PGIS son prácticas en empresas, cursos con compromiso de contratación ou formación en competencias persoais ou en búsqueda de emprego, accións todas elas que melloran o perfil profesional dos asistentes e, polo tanto, as súas opcións de acceder a un posto de traballo. No primeiro semestre deste ano, preto de 300 participantes no Plan de Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar accederon a un posto de traballo e as distintas accións formativas chegaron a máis de 400 persoas. O II Plan Galego de Inclusión Social 2007-2013 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Xunta de Galicia e é xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: