Noticias Ayuntamiento de Vigo – 08-08-11


Caballero amosa a súa preocupación pola redución das axudas autonómicas á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

O rexedor garantiu hoxe luns manter ás achegas municipais que recibe a Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo. Caballero, quen asumiu este compromiso durante un encontro con responsables da organización, cualificou de “preocupante” a situación da organización, logo de que as responsables da mesma lle traladaran a decisión da Xunta de rebaixar as achegas autonómicas nun 80%”.

 


O alcalde reitera que todas as antena de telefonía instalaranse na cidade cumprindo coa legalidade

Abel Caballero mantivo este luns unha reunión de traballo cos responsables de Telefónica para Galicia, a quen transmitiulles cuestións relativas ao servizo na cidade, en particular ao rural, e recordoulles que deberán seguir mantendo o “respecto á legalidade” no tocante á instalación de novas antenas de telefonía móbil. O rexedor vigués avogou por “cumprir escrupulosamente todos os requisitos das ordenanzas” municipais ao efecto.

 



Danza Chinesa Art Ensemble

Comeza o Festival Folclórico Internacional

O programa do Festival Folclórico Internacional celebrarase do 9 ao 14 de agosto con actuacións en barrios da cidade de grupos folclóricos internacionais de Turquía, Taiwan, Cataluña e México. O acto central terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o sábado 13 ás 22:30h. Todas as actuacións son con entrada libre.

 



Lorena Lores

As Noites Temáticas traen tango, folk, percusión, swing e fados

A programación das Noites Temáticas que terán lugar do 9 ao 14 de agosto ás 22:30h na Praza da Constitución-, é un programa adicado a distintos xéneros musicais e escénicos. Cun total de seis concertos este ciclo adicarase á música de tango, folk, percusión, swing e fados.

 

Pechada ao tráfico a rúa VILAR (LAVADORES)

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de asfaltado por obras de canalización eléctrica, a realizar pola empresa MARCO OBRAS Y PROYECTOS, estará pechada ao tráfico a rúa VILAR (LAVADORES), con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 09 de agosto de 2011 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: