O ISSGA CONTABILIZA 386 CASOS DE ENFERMIDADES PROFESIONAIS NO SEGUNDO TRIMESTRE DESTE ANO

  • Os casos de enfermidades profesionais na industria supoñen máis da metade de todos os casos declarados.

Santiago, 8 de agosto de 2011.- O ISSGA, como órgano técnico en prevención de riscos laborais, desenvolve unha liña de actuación sistematizada para o estudo estatístico da incidencia das enfermidades profesionais en Galicia e a investigación das súas causas. Os datos correspondentes ao segundo trimestre deste ano poñen de manifesto que nese período foron comunicados ao ISSGA 386 partes de enfermidades profesionais, dos que 216 foron con baixa. Por sexos, 206 dos afectados eran homes e 180 mulleres. Os sectores da industria e dos servizos son os que rexistraron máis partes de enfermidades profesionais. Na industria producíronse 197 casos e nos servizos 147, seguidos da construción que rexistrou 35 partes, da agricultura con 2 partes e da pesca con 5 casos. No caso do sector servizos as notificacións afectan en maior grao ao colectivo feminino e no caso das rexistradas no sector de industria, ao masculino. En ambos os dous casos, as patoloxías detectadas son provocadas principalmente por axentes físicos. Por grupos de enfermidades, o maior número de casos foron provocados por axentes físicos, 312 , dos que 133 foron sen baixa e das que as provocadas por posturas forzadas e movementos repetitivos no traballo supoñen o maior número de enfermidades deste grupo e afecta maioritariamente ao sexo feminino; seguidos da inhalación de substancias e axentes non incluídos nos outros grupos con 31 casos, deles 22 sen baixa. No grupo de enfermidades provocadas por axentes químicos houbo 17 partes, deles 6 sen baixa; no de enfermidades da pel por sustancias e axentes non comprendidos nos outros grupos comunicáronse 18 casos, deles 6 sen baixa; de axentes biolóxicos houbo 5 partes, un deles sen baixa; e no grupo de axentes carcinóxenos houbo 3 partes de enfermidade, 2 deles sen baixa. Por provincias, o maior número de partes procede de Pontevedra, onde se notificaron 171, deles 79 cursaron sen baixa. Na Coruña houbo 142 comunicacións, delas 62 sen baixa. En Ourense rexistráronse 51 partes, dos que 20 foron sen baixa. E en Lugo houbo 22 casos, 9 deles sen baixa. Esta recompilación sistematizada de datos sirve ao ISSGA para analizar, investigar e avaliar as causas e factores determinantes das enfermidades profesionais e priorizar o asesoramento técnico, as campañas de divulgación e sensibilización e a temática das xornadas técnicas, en función dos sectores de actividade afectados e das patoloxías máis frecuentes, como é o caso das enfermidades osteomusculares. Con respecto ao primeiro trimestre do ano, as enfermidades profesionais aumentaron nun total de 38, o que supón un avance neste eido, xa que están aflorando como profesionais enfermidades que eran diagnosticadas como comúns e, polo tanto, os seus custes estaban a ser asumidos incorrectamente polo sistema público de sanidade en lugar de polas mutuas aseguradoras das continxencias profesionais. Neste senso, é preciso destacar que o obxectivo do ISSGA é que as enfermidades que son profesionais se declaren e identifiquen para que non se solapen como enfermidades comúns e, polo tanto, podan pasar desapercibidas, un feito que conleva que o sistema sanitario poda asumir un custe que non lle corresponde, e que non se podan adoptar medidas preventivas axeitadas no sector laboral onde se atope a enfermidade profesional.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: