Noticias Ayuntamiento de Vigo – 09-08-11


O alcalde prevé ampliar a xuño e setembro o servizo de cadeiras nas praias para discapacitados

Abel Caballero, xunto á tenente de alcalde, Carmela Silva, e á concelleira de Política do Benestar, Isaura Abelairas, visitaron este martes O Vao para presenciar o servizo municipal de cadeiras anfibias que permite aos discapacitados acceder ao baño neste Areal e en Samil en xullo e agosto. O alcalde apuntou que, de cara ao próximo verán, o obxectivo é amplialo para estar dispoñible do 15 de xuño ata o 15 de setembro.

 


Danza, poesía, vídeo e música no Verbum

O mércores 10 de agosto haberá unha nova sesión do ciclo Mércores no Solpor na azotea do museo Verbum dedicado á danza, poesía, vídeo e música. A actuación será ás 20.30 horas con entrada gratuíta ata completar aforamento( 220 persoas).

 


As bandas de música animan a praza da Princesa

O programa das Festas inclúe ata o 14 de agosto o ciclo de concertos “Un mar de bandas” que se celebran ás 20.00 horas na praza da Princesa, con entrada libre.

 


Teatro, obradoiros e xogos centran a programación infantil das Festas

A concellería de Cultura e Festas programa teatro infantil durante seis xornadas (do 8 ao 13 de agosto, ás 20 horas na rúa Londres); xogos olívicos de verán “Vigo 2011” a cargo de Popín Animación, do 6 ao 13 de agosto de 18:30 a 21:30 horas na Alameda de Bouzas, Independencia, a zona peonil do Calvario e A Riouxa; e o Garabato do Xogo, trinta xogos de habilidade con materiais reciclados na Praza de Compostela, de 17 a 21 horas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: