A FAVEC defende a necesidade de racionalizar o consumo en favor dunha nova cultura do auga e oponse a novas infraestruturas de captación.

  • Para o colectivo veciñal a solución non pode pasar por novos trasvases ou canalizacións que poñan en risco o equilibrio ambiental.

Este verán, coma ven sendo habitual, agroma o problema do abastecemento da auga resultado dos baixos niveis das presas de Eirás e Zamáns, que desta volta sitúanse nos peores rexistros dos últimos oito anos. Esta situación de manterse suporía o risco de posíbeis restricións no subministro de auga a medio prazo. A este respecto, a Federación Veciñal entende que o abastecemento de auga debe enfrontarse desde un punto de vista integral, xa que o problema da auga non só ten a ver coas infraestruturas de embalse. Desde o colectivo veciñal sosteñen que debe abrirse un debate profundo que resulte nunha nova cultura do auga no noso concello, que parta en primeira instancia da racionalización do consumo tanto doméstico, industrial e municipal. “Calquera resposta ao problema do auga que non parta dese criterio será fallida pois obviará as raíces do mesmo” afirman.

En opinión do movemento veciñal é necesario tamén atallar as perdas de auga potábel que se rexistran ao longo da rede de abastecemento, que poderían atinxir a unha porcentaxe significativa, así como a canalización das numerosas minas de auga existentes na cidade para uso industrial ou municipal, que actualmente van desaugar á rede de saneamento. Tamén lamentan que a nova Lei de Augas aprobada recentemente no Parlamento Galego penalice economicamente o subministro autosuficiente mediante pozos particulares. É por iso que desde a FAVEC rexeitan a posibilidade de novas infraestruturas de captación, como ven de proporse desde a Consellaría de Medio Ambiente, opoñéndose tamén á proposta –deslizada por parte do Goberno Municipal- de realizar un trasvase mediante un azud no río Vérdugo. A súa oposición arguméntase en primeiro lugar polo “obxectivo e innegábel impacto ecolóxico que ese tipo actuacións terían no curso dese valioso e rico hábitat natural”, e tamén porque entenden que a iniciativa xorde de xeito irreflexivo e non ten a vontade de acometer unha solución integral ao problema, amosándose como un agresivo –en termos ambientais- e ineficiente ‘parche’.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: