A XUNTA APOIA A XI EDICIÓN DO MARISQUIÑO, QUE ESTE FIN DE SEMANA FARÁ QUE VIGO SEXA O REFERENTE DA CULTURA E DEPORTE URBANO

  • A delegad a territorial do Goberno galego, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación da nova edición do festival O Marisquiño, que se celebrará do 12 ao 14 de agosto na explanada do Náutico.
  • Molares felicitou aos organizadores e aos patrocinadores privados por seguir apostando por este tipo de eventos “con moitos anos e que van en progresión”, e avogou polo deber das Administracións públicas por seguir a mesma senda.
  • Considerou a importancia de que a cidade de Vigo conte cun evento de “primeira magnitude” que ademais, será “unha boa oportunidade para amosarnos ao resto de España e do mundo”.

Vigo, 10 de agosto de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, participou esta mañá na presentación da XI edición de O Marisquiño, un festival multidisciplinar que naceu no ano 2001 e que ten coma protagonistas a cultura e o deporte urbano e que, cada vez máis, estase a converter no referente por excelencia do sector extreme nacional ao unir deporte extremo, cultura e arte. Molares, acompañada polo organizador do festival, Carlos Domínguez “Pity”, polos patrocinadores privados do certame e pola concelleira de Cultura de Vigo, destacou a importancia de que este festival se celebre na cidade olívica convertíndoo así nun “referente” co fin de achegar a máis de 50.000 persoas. Neste senso, sinalou que será unha “boa oportunidade” por dous aspectos: que Vigo conte cun evento de “primeira magnitude”, e polas posibilidades de promoción turística que isto conleva. “Será unha boa oportunidade para amosarnos ao resto de España e o mundo”, engadiu a delegada, quen tivo verbas especiais para os organizadores e os patrocinadores privados por chegar á undécima edición do festival nun escenario económico complicado. “Comezou cuns inicios modestos, pero ano tras ano vaise ampliando e tendo unha proxección nacional e internacional”, dixo, matizando que boa parte desta consecución é polo traballo “serio” dos organizadores, “un traballo de moitos anos que vai en progresión”, apuntou. Desta maneira, sinalou que a Xunta de Galicia apoia este tipo de eventos e avogou polo deber das Administracións públicas de seguir na mesma senda de colaboración.

Tres espazos únicos

A Praza da Estrela, a dársena de trasatlánticos e o Casco Vello foron os tres puntos “únicos” onde se vai a desenvolver gran parte do Marisquiño que a delegada territorial resaltou. Para Molares, que o Open de Skate se celebre na Praza da Estrela supón a “profesionalización” dun espazo que tradicionalmente está cheo de xóvenes practicando skate; no que se refire á dársena da Laxe, será o escenario perfecto ao carón do mar para o Dirt Jump, mentras que, por último, fixo especial mención ao Descenso Urbano que, dende o Castillo de San Sebastián e ata o Náutico, se celebrará polas rúas do casco histórico. “É un entorno fantástico que estamos a recuperar dende o Consorcio Casco Vello e que todos os cidadáns poderán observar”, concluíu.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: