Noticias Ayuntamiento de Vigo 10-08-11


O rexedor anuncia a cesión de 1.000 prazas de aparcamento de Peinador ao Ifevi

Abel Caballero anunciou hoxe mércores que o Ifevi “verá por fin solucionado o seu grave problema de aparcamento”, xa que o aeroporto de Peinador lle cederá máis de 1.000 prazas. Esta “importante decisión para o principal recinto feiral de Galicia alcanzouse nunha reunión que mantivo o rexedor, acompañado da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, co director de Espazos e Servizos de Comunicación de AENA, Mariano Sanz Peche; a directora do Peinador, Noelia Martínez; e o xerente do Ifevi, Arsenio Iglesias.

 


O alcalde indica que as medidas municipais de contención no consumo de auga aforran 810.000 litros cada día

Abel Caballero desvelou hoxe mércores que o goberno local ven implementando desde o pasado venres medidas de aforro no consumo público de auga que permiten manter nos encoros vigueses 810.000 litros ao día. O alcalde adiantou que o Concello tamén iniciará unha campaña de concienciación cidadá para o consumo responsable e reclamou á Xunta de Galicia que adiante unha reunión cos municipios indicados para anticipar solucións a eventuais problemas de abastecemento.

 

Caballero asegura que a falta de liñas low cost “lastra o turismo en Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou hoxe mércores que a ausencia de liñas low cost en Peinador “lastra o turismo en Vigo”, un sector -subliñou- con vocación de convertirse en eixo clave da actividade económica na cidade. O rexedor avanzou o compromiso do Concello por manter a liña a Londres e ampliar ao norte de Italia e Francfurt.

 


Caballero sitúa a Travesía a Nado como “a mostra do interese do patrocinio privado polo deporte”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou hoxe á Travesía a nado El Corte Inglés como exemplo “de coordinación” entre o Concello, as empresas privadas e o tecido deportivo, neste caso a Federación Galega de Natación, organizadora da proba puntuable para o VIII Circuíto Galego de augas abertas.

 


Isaura Abelairas aposta pola potenciación do Festival Folclórico Internacional

A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, ven de presentar o programa do XVII Festival Folclórico Internacional, enmarcado na Semana Grande, e que se celebra do 9 ao 14 de agosto. A concelleira resaltou a aposta do Concello por potenciar este festival que terá o acto central o sábado día 13 de agosto no Auditorio Mar de Vigo. Todas as actuacións son con entrada libre ata complear aforo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: