O PP DE SALCEDA DE CASELAS CONTRIBÚE Á CELEBRACIÓN DA SEMANA INTERNACIONAL DA MÚSICA XESTIONANDO UNHA ACHEGA DE 30.000 €

  • Santiago Rodríguez Davila asegura que dende o PP local trabállase a diario no apoio e colaboración de todas as asociacións e agrupacións do municipio

 

Salceda de Caselas, 10 de agosto de 2011.- No seu obxectivo de traballar por e para Salceda de Caselas, no beneficio de todos os veciños do municipio, o grupo municipal do Partido Popular mediou, un ano máis, ante a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia para conseguir a maior achega posible destinada á celebración da Semana Internacional da Música de Salceda de Caselas. Deste xeito, o ente autonómico destinou para este evento, ao igual que o pasado ano, unha subvención de 30.000 euros, “unha achega que sen dúbida supuxo unha inxección de calidade na programación desta semana tan ansiada por todos os salcedenses e visitantes amigos da música”, explica o presidente do PP local Santiago Rodríguez Davila.

“Dende o Partido Popular estamos involucrados ao máximo coa Asociación Amigos da Música como co resto de agrupacións locais, axudando e contribuíndo –dentro das nosas posibilidades e dende a oposición- en todo o que sexa preciso, por iso, aínda que algúns non o queiran recoñecer, dende o noso partido mediamos e xestionamos ante as diferentes Administracións públicas as posibles achegas para as asociacións do noso municipio como o é esta, porque a banda é de todos os que participan dela e así o foi dende os seus inicios fai xa un cuarto de século e así seguirá sendo”, sinala o concelleiro do PP. No entanto, “outros tratan de vender que só eles son os que apoian a esta asociación, como se existise dende que trata de gobernar o Bipartito local, os grandes perdedores dos comicios electorais”, conclúe Rodríguez Davila

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: