Archive | agosto 10, 2011

MATRÍCULA ABERTA PARA OS CURSOS DE SALCEDA

O Concello de Salceda de Caselas organiza o I Curso de música e baile tradicional galego. Contaremos con catro especialidades:
– Curso de gaita impartido por Iván Costa Blanco
– Curso de percusión impartido por Marcos Pérez Saburido
– Curso de canto e pandeireta impartido por Xabier Díaz
– Curso de baile tradicional impartido por Miguel Sotelo Leer Más…

A FAVEC defende a necesidade de racionalizar o consumo en favor dunha nova cultura do auga e oponse a novas infraestruturas de captación.

  • Para o colectivo veciñal a solución non pode pasar por novos trasvases ou canalizacións que poñan en risco o equilibrio ambiental.

Este verán, coma ven sendo habitual, agroma o problema do abastecemento da auga resultado dos baixos niveis das presas de Eirás e Zamáns, que desta volta sitúanse nos peores rexistros dos últimos oito anos. Esta situación de manterse suporía o risco de posíbeis restricións no subministro de auga a medio prazo. A este respecto, a Federación Veciñal entende que o abastecemento de auga debe enfrontarse desde un punto de vista integral, xa que o problema da auga non só ten a ver coas infraestruturas de embalse. Desde o colectivo veciñal sosteñen que debe abrirse un debate profundo que resulte nunha nova cultura do auga no noso concello, que parta en primeira instancia da racionalización do consumo tanto doméstico, industrial e municipal. “Calquera resposta ao problema do auga que non parta dese criterio será fallida pois obviará as raíces do mesmo” afirman. Leer Más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA UN PROXECTO PARA FUSIONAR ARTESANÍA TRADICIONAL E DESEÑO CO FIN DE ABRIR NOVOS MERCADOS AOS ARTESÁNS GALEGOS

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, xunto a Elena Fabeiro, xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño; o alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero e representantes do concello de Sanxenxo, presentaron hoxe os primeiros produtos en Sanxenxo

  • A iniciativa, baixo o nome “D-due LAB” e feita en colaboración coa firma galega D-Due, permitirá facer unha nova interpretación do produto artesán tradicional, acorde coas tendencias actuais do mercado da moda e da decoración e contribuirá a impulsar a súa comercialización en novos mercados
  • Na colección de produtos que se desenvolverá poderán participar os artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
  • O proxecto enmarcase na política da Conselleria de Economía e Industria de apoio á dinamización do pequeno comercio dentro do Plan Agora