RAFAEL LOUZÁN REALIZOU A SÚA PRIMEIRA VISITA INSTITUCIONAL A CANGAS TRAS AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS ONDE SE COMPROMETEU A REALIZAR INVESTIMENTOS PARA MELLORAR DISTINTAS INFRAESTRUTURAS E SERVIZOS

Anunciou que as obras da Praza do Arco, que teñen un custe de 126.000 euros, comezarán ao rematar o verán a petición dos hostaleiros. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, realizou hoxe a primeira visita institucional ao Concello de Cangas tras as eleccións municipais onde foi recibido polo alcalde, José Enrique Sotelo. Louzán comprometeuse a realizar investimentos na vila do Morrazo en materia de infraestruturas e mellora de diferentes servizos. Os primeiros convenios que se asinarán serán para adecuar os Paseos de Rodeira e realizar melloras en Aldán. En total a Deputación leva investidos nos últimos anos máis de 2,2 millóns de euros en diferentes infraestruturas, equipamentos e servizos en Cangas. Rafael Louzán e José Enrique Sotelo marcaron hoxe a folla de ruta do que será a relación entre a Deputación e o Concello que ambos cualificaron de “total colaboración institucional”. Na súa primeira visita institucional tras as eleccións municipais, Rafael Louzán sinalou que “a semana pasada mantivemos unha reunión de traballo no Pazo Provincial na que abordamos compromisos concretos para intentar paliar a delicada situación económica na que quedou o Concello de Cangas”.

O presidente provincial mantivo unha reunión de traballo co grupo de Goberno do Concello, na que tamén estiveron presentes os concelleiros do PSOE e de ACE. Ao rematar a xuntanza Rafael Louzán enumerou os primeiros asuntos nos que colaborará a institución provincial que serán a sinatura dun convenio para mellora os paseos de Rodeira, a realización de traballos de mellora en Aldán, a mellora das estradas provinciais de Cangas e a súa humanización, o arranxo de infraestruturas deterioradas, a mellora dos accesos ás praias tanto peonís como para tráfico rodado, o arranxo dos campos de fútbol da vila e colaboración en iniciativas festivas, lúdicas e culturais. Ademais, Rafael Louzán anunciou a colaboración en materia de promoción turística e cultural da vila, especialmente no que se refire á actuación que levará a cabo a Consellería de Cultura en Monte Facho. Tamén dixo que o concello se sumará ao convenio de acceso á banda ancha en lugares carentes de cobertura grazas ao programa Repoblar que permite conectarse a internet por 17 euros ao mes e ao que non quixera sumarse o anterior Goberno municipal. Outro dos aspectos aos que se comprometeu o presidente provincial foi a colaborar co concello para dotar de equipamentos un edificio realizado con fondos do Plan E que se converta no único Centro de Día da vila. “Intentaremos buscar financiamento para poder dotar de mobiliario este centro de día que unifique o actual caos no que se move actualmente a vila. Trátase dunha actuación de máis de 100.000 euros, xa que son máis de 400 metros cadrados construídos por planta, para a que trataremos de buscar financiamento”, explicou Rafael Louzán.

Visita ás Rúas Fomento e Praza do Arco

Ao rematar a xuntanza de traballo, Rafael Louzán visitou o centro de día anexo ao concello para máis tarde desprazarse camiñando ata as obras de humanización da Rúa Fomento, feita con cargo ao Plan de Investimentos da Deputación por valor de 93.500 euros.Acto seguido o presidente provincial e a comitiva municipal visitaron a praza do Arco, na que se levará a cabo unha importante actuación de soterrado de servizos e pavimentación. Esta obra xa está adxudicada dende o mes de maio pero tal e como explicou Rafael Louzán “os comerciantes e hostaleiros pedíronnos que agardasemos ata setembro para comezar as obras para non perder a tempada de verán”. Esta actuación terá un investimento de 125.608 euros. O Plan de Investimentos complétase co alumeado público do casco histórico de Cangas cuxa dotación é de 104.500 euros e o alumeado público na Avenida de Lugo cuxa contía ascende a 65.800 euros. Ademais das citadas actuación, a Deputación realizou tamén as obras de ensanche e mellora do acceso a Menduíña por un importe de 350.000 euros. O acondicionamento do petroglifo en “a Laxe da Chan” lindante coa EP 1002 Magdalena-Aldán e cuxo invetimento foi de 25.000 euros.

Outra das actuacións foi o desmonte mediante a construción dun muro de sostemento na EP 1006 entre Hio e Donón po un valor de 37.211 euros. Tamén a construción dunha beirarrúa en Hío por valro de 90.000 euros e as conexións exteriores da rede de pluviais da EP 1003 Rodeira-Boubeta por un importe de 230.500 euros. En total, a Deputación investiu nos últimos anos máis de 1,2 millóns de euros en distintas infraestruturas e melloras de servizos en Cangas, aos que hai que engadirlle case un millón de euros máis pola construción dos campos de herba sintética de Hio e Aldán, aos que se lle fará unha actuación de mantemento para conservar o seu caucho en vindeiras datas. Ademáis, Rafael Louzán comprometeuse a axudar a mellorar os vestiarios e instalacións do campo do Alondras.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: