TRABALLO PROGRAMA ATA DECEMBRO 575 NOVOS CURSOS DE FORMACIÓN QUE BENEFICIARÁN A MÁIS DE 8.700 PERSOAS DESEMPREGADA

  • Estas accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, nas que a Xunta está a investir máis de 33 millóns de euros, súmanse ás que xa se puxeron en marcha no primeiro semestre do ano
  • Ademais, ao longo do segundo semestre deste ano convocaranse novas accións formativas, a parte das 575 xa programadas para este mesmo período
  • O Goberno galego desenvolverá en todo 2011 un total de 1.500 cursos de formación dos que se poderán beneficiar máis de 23.000 galegos e galegas
  • A Xunta está a destinar máis de 69 millóns de euros a esta iniciativa, o que supón un incremento do orzamento dun 5,6 por cento con respecto a 2010

Santiago, 10 de agosto de 2011.- A Consellería de Traballo e Benestar vén de programar os cursos de formación para persoas desempregadas que se desenvolverán ao longo do segundo semestre do ano. Entre xullo e decembro desenvolveranse un total de 575 novas accións formativas que poderán beneficiar a máis de 8.700 galegos e galegas. Estes cursos, nos que a Xunta está a investir máis de 33 millóns de euros, súmanse aos que xa se puxeron en marcha no primeiro semestre do ano. Ademais, ao longo do segundo semestre convocaranse novas accións formativas, a parte das 575 xa programadas a 1 de xullo. En total, a Xunta destinará en 2011 máis de 69 millóns de euros a cursos de formación para persoas desempregadas, que se están a impartir tanto nos centros da Consellería como nas entidades colaboradoras. O incremento do orzamento é dun 5,6 por cento con respecto a 2010. Esta actuación beneficiará ao longo de todo o ano a máis de 23.000 galegos e galegas desempregadas. Os cursos sumarán ao redor dos 1.500. Coa programación que está a levar a cabo o departamento que dirixe Beatriz Mato estase a iniciar un xiro das políticas activas de emprego co reforzo da actividade formativa. O seu obxectivo é incrementar a programación acreditable, especialmente aquela dirixida á obtención dos novos certificados de profesionalidade. A formación acreditable permitirá aos alumnos dispoñer dun certificado con carácter oficial e validez estatal, que, ao mesmo tempo, terá efectos académicos no eido do sistema educativo e profesionais recoñecidos na lexislación vixente. Por outra banda, os cursos de formación profesional para o emprego constitúen un dos elementos máis salientables das políticas activas de emprego por tratarse dunha medida de mellora da empregabilidade das persoas en paro que se recolle na Estratexia Europea de Emprego e no Plan Nacional de Acción para o Emprego. Así mesmo, o Plan Galego de Formación Profesional establece que este tipo de formación é unha vía fundamental para conseguir un incremento da competencia, da empregabilidade e das posibilidades de inserción laboral dos traballadores desocupados. Así, a través desta iniciativa, a Xunta está a facer unha importante aposta por unha formación para o emprego cos máximos niveis de calidade e excelencia, precisos neste contexto de crise económica e laboral. Traballo e Benestar busca deste xeito ofertar unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral e ás esixencias de competitividade das empresas. Tamén pretende cubrir as aspiracións dos traballadores en materia de promoción profesional e desenvolvemento persoal, a fin de capacitalos para o desempeño cualificado das diferentes ocupacións e o acceso ao emprego.

Normalizados, actualizados e adaptados ao mercado laboral

Os novos programas de formación que integrarán a oferta para este ano da Dirección Xeral de Formación e Colocación están normalizados, actualizados e adaptados ás esixencias do mercado de traballo. Así mesmo, estes programas teñen un referente común de competencias en materia educativa e laboral porque foron elaborados en función das cualificacións profesionais existentes. Este factor permitirá que haxa unha certa homoxeneidade entre a formación asociada a unha ocupación ou profesión e a posibilidade de identificar a súa relación co mercado laboral do conxunto do Estado e mesmo no Marco Europeo das Cualificacións.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: