ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTREITA LAZOS COAS ADEGAS MARTIN CODAX E CONDES DE ALBAREI PARA A SÚA INCORPORACIÓN A GALICIA CALIDADE

  • A directora Xeral de Comercio, Nava Castro; o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores; e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, visitaron hoxe as adegas e informaron das vantaxes que supón este distintivo de calidade
  • Nava Castro salientou o apoio decidido da Consellería pola marca de garantía Galicia Calidade como o selo de identidade de Galicia onde están representadas as mellores empresas e produtos
  • A marca de garantía conta na actualidade cun total de quince viños amparados, dos que sete pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas

Santiago, 12 de agosto de 2011.- A directora xeral de Comercio, Nava Castro, o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores, e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, visitaron esta mañá as adegas da Denominación Rías Baixas Condes de Albarei e Martín Códax co obxectivo de estreitar lazos con estas adegas galegas para a súa posible incorporación a Galicia Calidade. Neste encontro, a directora Xeral de Comercio informou aos representantes das empresas vitivinícolas sobre as características da marca autonómica e as vantaxes que suporía para os seus viños contar co distintivo de calidade. Neste encontro fíxose especial fincapé na labor de promoción da marca de garantía que se realiza desde a Consellería de Economía e Industria tanto en Galicia como no resto de España, con asistencia a feiras, campañas de publicidade en medios tradicionais e tamén nos novos medios, patrocinios de eventos deportivos ou outras actividades de interese. Ademais, tamén destacaron a confianza que supón para o consumidor adquirir nos establecementos comerciais un viño que conte co distintivo de Galicia Calidade, un plus que o sitúa por encima doutros caldos que a pesar de pertencer á mesma Denominación de Orixe non está avalado pola marca de garantía autonómica. A directora xeral de Comercio salientou o “apoio decidido da Consellería de Economía e Industria pola marca de garantía Galicia Calidade como o selo de identidade de Galicia onde están representadas as mellores empresas e produtos”, e de aí o interese de que formen parte do selo os excelentes viños das dúas adegas visitadas, tanto Martín Códax como Condes de Albarei, referentes na Denominación de Orixe Rías Baixas e apreciadas polos consumidores tanto españois como no eido internacional

Quince caldos amparados

Na actualidade, Galicia Calidade conta cun total de 15 viños amparados baixo o selo de garantía, dun total de cinco adegas. En concreto, da Denominación de Orixe Rías Baixas son sete: a adega Castro Baroña, con tres caldos amparados; Vilarvín, con un; e a “Adega dos Eidos” con tres viños. Tamén forman parte de Galicia Calidade Gargalo, da Denominación de Orixe de Monterrei, e Ruchel, da Denominación de Valdeorras.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: