ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A CELEBRACIÓN DA IV FEIRA DE ARTESANÍA E COMERCIO DE CAMBADOS

  • A Consellería de Economía e Industria realiza un investimento de preto de 20.000 euros e, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía o do Deseño, faise cargo da presenza de nove espazos destinados á exposición e venda de artesanía, así como á promoción da marca Artesanía de Galicia
  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta mostra, que estará aberta ao público no Paseo da Calzada entre o 12 e o 14 de agosto

Cambados, 12 de agosto de 2011.- A Consellería de Economía e Industria, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, impulsa por cuarto ano consecutivo a Feira da Artesanía e Comercio que organiza o Concello de Cambados. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta mostra que se celebra do 12 ao 14 de agosto. A Consellería promove esta feira coa achega de preto de 20.000 euros e fai tamén un importante esforzo en promover a presenza de Artesanía de Galicia e dos profesionais galegos nesta mostra asumindo a presenza de nove espazos adicados á exposición e venda de produtos artesáns, así como á promoción da marca. A directora xeral de Comercio salientou que “a Consellería de Economía e Industria considera que unha das vías máis efectivas para dar a coñecer a marca Artesanía de Galicia son as feiras de artesanía de venda directa, como é o caso da de Cambados, posto que supón un espazo de confluencia dos produtores e dos destinatarios das súas pezas”. A Feira da Artesanía e Comercio permite reunir nun mesmo espazo artesanía e comercio, dous sectores fundamentais para contribuír a dar a coñecer a marca Artesanía de Galicia como un identificador da procedencia e da calidade do produto artesanal galego, así como un distintivo de referencia de cara aos consumidores de calquera mercado. Desde Economía e Industria se presta un especial apoio a esta mostra que ten un dobre obxectivo: integrar a artesanía e o comercio na vila e aproveitar a afluencia de visitantes que se achegan no verán tanto a Cambados como á comarca do Salnés. O espazo da feira albergará artesáns e empresas relacionadas con diferentes sectores coma o téxtil, a olería, a madeira, o encaixe, o coiro, a cerámica, a forxa, a cestería, a bixutería, a pedra, as redes, a gastronomía e o sector enolóxico e de alimentación ecolóxica. Ademais da exposición e venda dos produtos, no programa da feira inclúense actividades paralelas relacionadas coa música, a exposición de pezas e as demostracións en vivo. A nova edición desta feira estará aberta ao público en horario de 11:00 a 14:30 e de 17:30 a 22:00 horas, no Paseo da Calzada, un espazo próximo ao centro da vila e ao conxunto histórico de Cambados.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: