JOSÉ MANUEL FIGUEROA RECÓRDALLE A CÉSAR MOSQUERA QUE A DEPUTACIÓN XA PRESENTOU A SÚA NOVA ESTRUTURA HAI CASE UN MES QUE SE REXIRÁ POR CRITERIOS TERRITORIAIS “MÁIS MODERNOS E AUSTEROS”

O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, saíu ao paso hoxe das declaracións realizadas polo concelleiro de Pontevedra e Deputado provincial do BNG César Mosquera acusando ao Goberno provincial de non ter feito un reparto de competencias interno. Figueroa explicou que “xa se fixo unha presentación do novo organigrama da Deputación. Apostamos pola modernidade e austeridade e por un reparto xeográfico onde os 16 Deputados do PP terán responsabilidades nas súas zonas de influencia” “O señor Mosquera non se entera dos cambios producidos na Deputación. A nosa aposta para estes catro anos é reducir os custes de funcionamento, a supresión de organismos autónomos, de asesores e de persoal de confianza. A austeridade será un dos nosos sinais de identidade”, explicou José Manuel Figueroa Figueroa xustificou unha distribución de competencias de xeito xeográfico “para non incrementar os gastos, coordinar mellor a acción de Goberno e, sobre todo, ser máis próximos aos cidadáns xa que se ten un maior coñecemento da realidade territorial”. A nova distribución implica que cada Deputado encargarase na súa zona xeográfica de influencia de xestionar todas as competencias exisitindo dúas coordinadoras que serán Begoña Estevez e Ana Isabel Vázquez, tal e como xa explicara o presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha comparecencia pública no mes de xullo. José Manuel Figueroa lembrou que “o señor Mosquera entra en contradiccións ao recoñecer que a Deputación fixo un esforzo por reducir salarios e adelgazar a súa estrutura e por outro lado critica ese novo xeito de funcionar moderno”. Por último, o vicepresidente provincial invitou a César Mosquera a “ocuparse dos problemas internos do seu partido, que son moitos, e do concello de Pontevedra. Semella que quen estivo de vacacións foi el e non só o alcalde posto que non se entera ou non se quere enterar dos cambios producidos. Igual é que se quedou anquilosado no tempo e non entende que existen xeitos máis modernos de facer as cousas acordes cos tempos difíciles que estamos a vivir”.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: