MIRANDO AO CEO NO MUSEO DO MAR

O vindeiro martes, de 21:00 a 00:00 h., terá lugar unha xornada de observación das estrelas na praia anexa ao Museo do Mar
Un experto explicará aos asistentes os segredos das constelacións e da orientación marítima a través dos astros

Vigo, venres 12 de agosto de 2011.- O Museo do Mar de Galicia –MdM-desenvolverá o vindeiro martes 16, de 21:00 a 00:00 h., e na praia anexa a institución museística, unha xornada de observación das estrelas na que se darán a mán o mar e o ceo.
Os asistentes poderán experimentar, en primeira persoa e a través da observación do ceo nocturno e da comprensión dos seu movementos, como os astros serviron durante séculos aos mariñeiros para orientarse nos mares e océanos cando se alonxaban tanto da costa que non tiñan referencias para a navegación.
Pablo Martínez, educador do museo e membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas, será o encargado de guiar aos visitantes por este apaixoante  viaxe a través dos segredos das estrelas, aportando a vertente máis didáctica, con explicacións sobre as constelacións e o movemento aparente dos astros na bóveda celeste.
As persoas que se acheguen ata o MdM para gozar desta nova actividade poderán observar o Sol, o planeta Saturno co seu séquito de aneis ou a Lúa, a través dos telescopios, e un pase da Estación Espacial internacional, entre outras cousas. O inicio da xornada coincidirá coa espectacular vista do solpor na Ría de Vigo e rematará no momento no que a Lúa Minguante comece a gañar altura sobre o horizonte.
*Recoméndase aos asistentes que leven unha toalla para tumbarse e roupa de abrigo para que a actividade transcorra con comodidade.
*Esta é unha actividade gratuita e non se precisa facer reserva. A súa realización dependerá das condicións climatolóxicas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: