Noticias Ayuntamiento de Vigo 12-08-11


Abelairas informou que xa vendéronse 1.500 entradas para o concerto de Los Planetas en Vigo

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este venres o concerto que ofrecerá Los Planetas no Parque de Castrelos, mañá sábado ás 22:30 horas, teloneados polos vigueses Munich. O ritmo de venda de entradas “vai ben”, a cinco euros, cunhas 1.500 despachadas sobre un aforo próximo ás 4.000 localidades. A banda granadina conxugará os últimos traballos cos seus temas clásicos, baixo 100.000 watios de son.

Actividades interxeneracionais de verán nos parques biosaudables e prazas da cidade

A Concellaría de Política de Benestar realizar actividades durante o veran nos parques biosaudables e prazas da cidade. Son actividades dunha hora de duración, gratuitas e sen inscripción.É unha oferta dirixida a toda a poboación, prestando especial atención ás persoas maiores acompañadas dos seus netos, fillos, parellas, veciños,etc.

 


A Feira do Paseo de Alfonso oferta o sábado artesanía, produtos da horta, tapas e música

Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto e contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos, presentaranse propostas artesanais , haberá unha selección de tapas e pinchos de cinco locais do paseo,e pola noite ofrecerase actuacions musicais de cabaret, jazz e sesión Dj.



Los Planetas

Los Planetas e Bad Religion en Castrelos

Os grupos Los plantes e Bad Religion toman o escenario de Castrelos o sábado 13 e domingo 14, respectivamente, no marco da Semana Grande.

EXPOSICIÓN PÚBLICA ESTUDIO DE DETALLE RUA TRAVESIA PINO Nº 6 (EXPTE 13281/411)

Peche de tráfico dun carril da rotonda de Travesía de Vigo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechado un carril en cada sentido da rotonda de TRAVESIA DE VIGO con Cantabria, dende o mércores 17 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: