Turismo Rías Baixas xullo-agosto

O vicepresidente da Deputación e máximo responsable do Padroado de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, presentou hoxe os datos de ocupación turística do mes de xullo e da primeira quincena do mes de agosto elaborados polo Observatorio da institución provincial. As cifras indican un lixeiro descenso con respecto aos mesmos períodos do ano pasado pero algo mellores que no 2009, consolidando ás Rías Baixas como un dos destinos máis visitados de España. José Manuel Figueroa cualificou os datos turísticos de “positivos” nun contexto de crise económica como o que estamos a vivir xa que “se ve que nun desplome xeralizado doutros sectores da nosa economía o número de visitas segue a ser realmente importante para a economía”. Para Figueroa “o turismo segue a ser un sector clave da nosa economía e cómpre seguir potenciándoo para manter postos de traballo e xeración de riqueza”.

O vicepresidente provincial insistitu en que os datos son algo peores que no pasado ano, “pero hai que ter en conta que o 2010 foi ano Xacobeo e que a climatoloxía non acompañou en exceso no mes de xullo co cal houbo un número importante de cancelacións”.

 

“As cifras indican que están funcionando as nosas campañas de promoción e aínda que haxa algunha reducción no gasto seguiremos facendo un forte esforzo por potenciar este sector clave”, explicou Figueroa.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: