Marcos Coll & The Weedwhackers en La Pecera el sabado 20 de agosto a las 22:30

MEDIO AMBIENTE RECIBE UN TOTAL DE 75 OFERTAS PARA AS OBRAS DEMELLORA DA REDE DE COLECTORES DE GONDOMAR
O importe de licitación desta actuación, coa que se evitarán verteduras aos ríos Zamáns e Miñor, é de 3,5 millóns de euros
- Con esta actuación tamén se mellorará a clasificación da zona marisqueira do Esteiro do Miñor e a calidade das augas das praias de Baiona e Nigrán
- Instalaranse dous tanques de retención para evitar as verteduras aos devanditos ríos
- Substituirase o colector principal do núcleo de Vilaza ata a entrada da depuradora existente, con tubos de PVC de varios diámetros
- As actuacións tamén prevén a construción dunha senda de 1.061 metros de lonxitude de 3,5 metros de largo
- A poboación conectada á rede ascende a máis de 28.000 habitantes
Santiago, 16 de agosto de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de recibir un total de 75 ofertas para a execución das obras de adecuación da rede de saneamento en Gondomar. Esta obra está prevista no Plan específico de infraestruturas para a mellora da calidade das augas das rías galegas, que ten por obxecto a mellora da clasificación das zonas marisqueiras das rías. Esta actuación está en marcada dentro dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través do departamento que dirixe Agustín Hernández, e o Concello de Gondomar, e a previsión da Xunta é adxudicala en setembro. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, inviste preto de 3,5 millóns de euros na execución destas obras hidráulicas no concello pontevedrés de Gondomar. O prazo de execución dos traballos establecidos é dun ano. O presente proxecto comprende a execución das obras necesarias para modificar o trazado de parte da rede de colectores, deixando fóra de servizo os colectores que discorren polos leitos dos ríos Zamáns e Miñor. Instalaranse dous tanques de retención para evitar as verteduras aos devanditos ríos que se producen na actualidade, afectando as praias de Baiona e Nigrán e á zona marisqueira do esteiro do Miñor. Cabe citar que a poboación conectada á rede ascende a máis de 28.000 habitantes.
Datos técnicos
No que se refire a colectores, substituirase o colector principal do núcleo de Vilaza ata a entrada da depuradora existente, con tubos de PVC de varios diámetros. Partindo de Vilaza, o novo trazado, de diámetro 800 mm e lonxitude 2.109 metros, afastarase do río Zamáns ata a chegada ao primeiro tanque de retención proxectado. A partir deste punto o diámetro é de 630 mm nun treito de 970 metros, ata a chegada a un pozo de rexistro, onde se atopará co novo colector de 500 mm que chega desde Gondomar cunha lonxitude de 265 metros. Desde este punto de encontro, instalarase un colector de 445 metros pola marxe da estrada que une as localidades de Tui e A Ramallosa (PO-340) ata a entrada á depuradora de Gondomar, cun cruzamento baixo ao río Miñor formigonando a tubaxe
As actuacións tamén prevén a construción dunha senda de 1.061 metros de lonxitude de 3,5 metros de largo. Instalarase iluminación pública, seguindo o trazado do colector e servindo ademais de acceso aos predios afectados da zona.
En canto aos tanques de retención, o primeiro situarase preto de Vilaza, e é unha estrutura parcialmente soterrada de formigón armado con capacidade para 1.000 metros cúbicos.
O segundo tanque tamén se proxecta como unha estrutura soterrada de formigón con capacidade para 1.000 metros cúbicos. A súa cimentación require unha preparación previa do piso con pedraplén compactado de 1,5 metros de profundidade. Este tanque recibirá as augas dunha conexión coa rede existente mediante un pequeno treito de tubo, sendo preciso un bombeo para elevar as augas ao novo colector proxectado. Na canle de entrada instalaranse dúas reixas de desbaste en continuo con paso 40 mm e 10 mm para evitar atascos no bombeo. Esta infraestrutura inclúe un equipamento de desodorización por ozono instalado na zona seca, cos ventiladores correspondentes para un movemento permanente de aire e produción automática de ozono.
Para a optimización deste proxecto precísase un segundo bombeo en Mañufe para conectar as residuais da rede actual cos novos colectores. Esta conexión farase cun pequeno treito de tubo, cruzando o río Miñor ata o novo pozo de bombeo, proxectado en formigón armado.
A Consellería de Medio Ambiente, mediante a execución deste tipo de actuacións, pretende resolver carencias en infraestruturas dos concellos galegos. No caso de Gondomar, o proxecto ten como fin fundamental evitar as verteduras aos ríos Zamáns e Miñor, beneficiando as praias de Baiona e Nigrán e a zona marisqueira do esteiro do Miñor, que aumentará a súa produtividade e competitividade.
Concierto sábado 20 de Agosto de 2011 en terraza Talaso Atlántico
“Dentro del ciclo de fiestas de verano “Dolce Vita”, Talaso Atlántico (Faro de Cabo Silleiro), presenta el próximo sábado día 20 de Agosto a partir de las 22:30-23:00, en la terraza panorámica del establecimiento, al grupo Son DCuatro, un trío de cuerdas y voces , que realiza versiones de clásicos de la época dorada del bolero, de la música tradicional latinoamericano como son las habaneras, las rancheras o la canción romántica, y alguna canción popular gallega. Leer más…
LAS RÍAS BAIXAS ALCANZAN EL 90% DE OCUPACIÓN EN EL PUENTE DE LA ASUNCIÓN DE AGOSTO
A pesar de que los primeros días el buen tiempo no acompañó, la ocupación media en las Rías Baixas, cumplió con las expectativas, y superó el 90% durante este puente de la Asunción de Agosto. Dato, que como explica el presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa “es muy positivo para el sector, ya que a pesar de que el tiempo no fue todo lo bueno que se esperaba conseguimos igualar la ocupación de hace un año en estas mismas fechas”. Pero además, Chema Figueroa recalcó “que hay que tener en cuenta que mantener la ocupación es un gran logro ya que en 2010 contábamos con la ayuda de que era año Santo Xacobeo”. Leer más…
PRIMER ANIVERSARIO DE LA DESAPARICIÓN DE SONIA IGLESIAS
Pegada de carteles el jueves, 18 de agosto, a las 10.30 h., en la calle Benito Corbal de Pontevedra