O DOG PUBLICA O ANUNCIO POLO QUE SE SOMETE A PARTICIPACIÓN PÚBLICA O PLAN REITOR DE USO DO PARQUE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Ábrese un prazo de un mes para que todos os interesados poidan remitir observacións e opinións á Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Santiago, 17 de agosto de 2011.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se acorda someter á participación do público o borrador do Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Coa publicación deste anuncio ábrese un prazo de un mes para que todos aqueles interesados que se consideren directamente afectados por este plan poidan remitir observacións e opinións mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural (San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela).

No DOG informase tamén de que o borrador do devandito plan permanecerá exposto nas dependencias da propia Dirección Xeral e na sede do Parque Nacional (Rúa Eduardo Cabello s/n, edificio Cetmar, Bouzas, 36208 Vigo). Desde o pasado día 28 de xullo tamén se pode consultar o texto deste documento na web da Consellería do Medio Rural, neste enderezo: http://mediorural.xunta.es/nc/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/.

Obxectivo do plan

O PRUX do Parque Nacional das Illas Atlánticas ten como principal obxectivo compatibilizar a conservación da biodiversidade deste espazo natural co desenvolvemento das actividades socioeconómicas tradicionais.

A súa finalidade é establecer os criterios de xestión e definir as actuacións neste espazo protexido durante o seu período de vixencia, que se fixa en seis anos, sendo o seu ámbito de aplicación os límites establecidos no anexo da Lei 15/2002, polo que se declara o Parque e que inclúe os arquipélagos e o espazo marítimo-terrestre poligonal que rodea ás Illas Cies e aos illotes adxacentes, Illas de Ons e Onza e illotes adxacentes, Sálvora e illotes da súa contorna e illa de Cortegada e Malveiras e outras illas próximas.

O documento que se somete agora a participación pública establece unhas directrices e criterios xerais de xestión, fixando unhas normas de regulación de usos e actividades (agrarias, de pesca e marisqueo, turísticas) incluíndo o uso público, de acordo cunha zonificación (áreas de “Reserva”, de uso “Restrinxido”, “Moderado”, “Especial” e de “Asentamentos Tradicionais”).

O plan establece que os usos e aproveitamentos tradicionais practicados historicamente no Parque, que non supoñan un impacto negativo significativo nos procesos ecolóxicos, considéranse compatibles e poderán manterse, supeditados á conservación dos valores naturais. A tal fin, cando resulte necesario, se adecuarán en intensidade, forma e demais condicións de realización para garantir a súa compatibilidade cos obxectivos do Parque.

 

Pesca e marisqueo

No caso particular da pesca e o marisqueo profesionais contémplase a maiores a elaboración dun Plan Sectorial de Xestión Integral de Recursos do Parque, a desenvolver no prazo máximo de 1 ano desde a aprobación do PRUX. No marco deste plan sectorial desenvolveranse plans de xestión específicos para as diferentes artes de pesca. Canto ás artes de marisqueo de tracción manual, como regra xeral o seu uso considérase permitido, agás nas zonas denominadas “de reserva” e, en todo caso, cóntase sempre –para a regulación específica desta actividade– coa participación e implicación de todos os actores con intereses na materia e así se sinala explicitamente no propio texto do PRUX.

En canto ao turismo, e partindo do principio de sostenibilidade que inspira todo o Plan, no PRUX búscase desestacionalizar a afluencia de turistas, promovendo que se manteña durante todo o ano dun xeito máis ou menos estable, aliviándose así a presión que soporta o Parque no verán. Coa experiencia adquirida, o plan prevé uns cupos de capacidade de carga diaria e Medio Rural fomentará fóra da tempada “alta” as visitas guiadas e de carácter educativo.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: